4/5/09

OS PIORNOS

O piorno, (mostrado aquí nunha fotografía de J.J.Fernández Morgado) é do máis típico de Galicia. Unha construcción complementaria sempre das antigas vivendas ruráis e que se segue a utilizar no día de hoxe, tanto para o seu uso inicial como xa en modo decorativo. En principio foi pensado para garda-lo millo, cereáis, e o seu secado, cun sistema de pequenas rendixas que garanten o secado e ventilado do que ai dentro e ó mesmo tempo evitan os ratos. Foi base elemental da alimentación galega durante séculos. Ai diversas ideas acerca da orixe, pero o máis seguro é que xurdiran na época dos castrexos como almacén e/ou secadoiro das espigas de millo. Se cadra iniciouse con algún cabazo pendurado do teito... As primeiras informacións que se teñen dos piornos son de autores romanos (¡no S.I a.de Cristo!), e describen unha forma moi parecida. Debuxados, vense por primeira vez nas Cantigas de Santa María (Alfonso X, O Sabio), alá polo S. XIII.
Están feitos en diversos tamaños e capacidade, e normalmente de pedra (algúns son todo un arte na pedra) e madeira, e tella, (aínda que xa vin algún feito de bloque) e acostuman estar decorados con cruces, un Agnus dei, reloxio de sol, e/ou pináculos. O máis habitual é velos pousados sobre pes de pedra e con base, pero ás veces teñen embaixo unha especie de cámara pechada á que dan outros usos. Acostuman situarse en lugares por onde corra ben o aire. Non sei se é o máis longo de Galicia, pero debe ser dos máis longos, un que ai en Celeiro que conta con 37,30 m de longo por 2,40 m de ancho. (Non tiña gran nin nada o que o mandou facer)...

Dame moita mágoa que se vaia perdendo interese por estas cousas que son as bases de como viñemos dar á nosa cultura, piornos, muiños, fontes, cruceiros, inclusive lendas... e nalgún momento tiña que porme a crear unha especie de galería de todo o que temos separado por nome. Recopilar imaxes dos cruceiros que poida, os piornos que poida, as fontes que poida...
Pois como nunha entrevista dixo o noso artista local Xesús Mendez Padín:

Las civilizaciones se cimentan en sus mitos.”

3 comentarios:

LED ZEPPELIN dijo...

-Rato ratiño onde non chegas é ao meu clariño; dixolle o piorno ao rato.
-Piorno, piorniño esperarei a que teu dono achegue un pauciño.

* A paciencia é a victoria desta vida.

Xesús dijo...

Miña amiga de Vilalonga,grazas outra vez por mentarme no teu blog, voute nomear fan honorífica como sigas a sacarme as cores (é unha ameaza que deberas ter en conta)...(sorriso)...Si a ti non che parece mal, gustariame eliminar ese cable que escaralla a beleza da foto da portada. Podías mandarma polo mail.(servizo gratuíto)
Unha aperta agarimosa.

Vilagonde dijo...

E que eu admiro o arte, Xesús, admiro o arte, (como eu non teño).

Sempre és benvido.