28/9/09

A ALCALDIA RESPONDE

Vendo que varias das miñas amigas se ven no trance de acabar levando os nenos a Dena, e que proximamente podo verme nesa circunstancia, ocorréuseme porme en contacto co Concello e expoñer, que na miña opinión era ata vergonzoso verse na obriga de acabar acudindo a unha gardería fóra do pobo, e ata do concello, tendo aquí unha empezada dende ai tanto tempo. Velaquí a resposta dende a Alcaldía:

Antes de nada decirlle que dende a Alcaldía entendemos que se boten en falla garderías no concello de Sanxenxo, xa que existe unha soa. Hai que ter en conta que a única que hai, que non está en Portonovo,como Vde. di, senón en Sanxenxo, non existía antes de ocupar o goberno municipal a actual formación. O mesmo sucede con cáseque todo o patrimonio municipal, xa que antes desta chegada non habíaapendas un metro cadrada de solo público onde levar adiante obras eservicios. O PXOM, elaborado por este goberno e aprobado nunha soalexislatura permitiu que existan, a día de hoxe, terreos nos quepoder levar adiante proxectos importantisimos, como o da gardería que Vde. comenta. O retraso que acumula esa gardería, ó igual que sucede con moitas outras infraestructuras, ven dado pola inoperancia e a radicalidade dunha Xunta de Galicia que, nos catro anos anteriores á entrada do equipo actual, se limitou a poñer todas as trabas posibles a que se puidese levar adiante non só ese proxecto,senón tamén outros fundamentais para esta parroquia de Vilalonga, como o edificio sociocultural, o centro de saúde, o colexio, o campo de futbol, etc. Mire ata qué punto esto é así, que coa excusa de salvagardar a riqueza medioambiental (xa me dirá Vde. cal é nesa zona concreta) nos pediron informes complexísimos relativos ó cultivo das berzas, os remontes das troitas ou a auga de dar de beber ós coellos. Increíble.Pero agora tócanos mirar ó presente e pódolle informar de que, con respecto á gardería, temos os terreos, temos os proxectos, temos a obra adxudicada e temos o compromiso do actual goberno da Xunta de axilizar a aprobación integral do plan de equipamentos e infraestructuras do Revel, temos consignación orzamentaria e no mesmo instante que o plan estea ó noso dispor, procederemos a construir esta obra tan demandada. E non quedamos ahí, porque o colexio pronto será unha realidade na mesma zona. E tamén poderemos contar nun futuro cunha nova gardería en Portonovo, no lugar de Baltar, a carón da piscina municipal. Agardando que esta información sexa do seu agrado, reciba un saúdo cordial.

En fin, en vista da resposta tan extensa, e quedándome algo mosca co tema da auga para os coellos (punto que non entendín), so me dou por respostar, que a xunta xa fai moito que cambiou de "xefe", e que si ese era realmente o problema, se cadra é que non están a presionar o suficiente. Digo eu. ¿Qué opinades vos?.

7 comentarios:

Vilagonde dijo...

Por certo, a gardería á que eu me refería, era ó Abrente, en Portonovo.

iris dijo...

olaaaaaaaaa

Para empezar o Rebel era un humedal, logo nunca se molestaron nin un chisco en pedir as garderias pois laiavanse de que Sanxenxo era un concello rico e as ian facer eles, cousa q non fixeron porque a de Portonovo non require informe ISA e este ano nin a incluiron nos orzamentos.

Segundo a resposta dada e simple propaganda eleitoral e unha excusa a sua mala xestión porque mentres en concellos veciños se incrementaron as prazas das garderias aqui non, e falo de concellos do PP como Ribadumia.

Anónimo dijo...

esa carta é unha clara propaganda electoral atrasada. Xa que o concello de sanxenxo nunca quixo pertencer ao consorcio galego de benestar e asi que a xunta fixese a garderia. Eles querian pagala todo eles, que a xunta non tivese nada que ver, para poñer a traballar ali xente e dedo, sen previo paso de unhas oposicions (e mais, me contaron que hai unha amiga de paz que xa ten praza para traballar nesa garderia, e eso que non esta nin contruida, pero personal xa teñen!!).

Mas de lo mismo. Hai que recordarlles a esta xente que levan 10 anos gobernando, e a xunta bipartita tan so estivo 3 anos e medio. e eles contaban que en 3 anos e emdio se fixesen o que non se fixo en 16 do goberno do fragasaurio? cantas prazas de garderia publicas fixo a xunta do pp?, cantas pensades que vai facer o señor feijoo???

LED ZEPPELIN dijo...

So farei un comentario: NIN REDACTAR SABEN POLO QUE QUE CARA.. VAN SABER GOBERNAR.

Anónimo dijo...

E inda por riba din que todo fixo "ëste goberno" ¿que barbaridad? dos que aprobaron o PXOUM solo queda A GRANDE, o resto o mellor nin votaron o PP daquela
Entón estaban: Telmo, Joaquín, Logito, Mónica, Paco, Ruth, A GRANDE, Manolito, Maquieira, e Villaverde, agora como se pode ver solo queda ela.

¿E logo a xestión Da Srta. Lago?

Vilagonde dijo...

Máis ou menos, todos pensáchedes o mesmo ca min, que a resposta parece un panfleto en fecha de eleccions.
En fin...

Nacho Velón dijo...

Sanxenxo wa el país del nunca jamás....
La guardería de Revel se prevee que se edifique en la parcela donde estaba el Centro Ecuestre. Hace años los caballos (y yo) eran los culpables de que se retrasasen las obras, luego la Xunta, luego medio ambiente, luego, luego, luego......
Transcurren los años y las promesas de invertir en Villalonga cambian la letra, pero no la música.
¿Veran mis ojos alguna vez la guardería de Revel, o seguiremos en el Concello del nunca jamás?