
Dunha semana para aquí, chegoume ás orellas de xente que aprecio, como andan os choios no Salnés. Algúns son coñecidos, e outros amigos de anos, pero a cada un cunha situación que escalda. Na empresa dun deles, reúnenos a todos, é explícanlles sen rodeos que no sucesivo, todos e cada un deles van cobrar 50€ mensuales menos, eso sí, na nómina van figurar igual. O mesmo caso pasa noutra empresa de outro sector, só que serán 200 euros cada un (pa rillar a quen se che poña diante). A un colega, xa lle meteron 2 calotes, un de 10000€, outro de 60000€, e está na decisión de pechar a empresa, despois de anos e anos de duro traballo, e non sabe como vai pagar a liquidación dos empregados. Eso sí, o que lle deu o calote dos 10000€, paséase por ahí no seu A6 recén compradiño do trinque, como que tamén dan ganas de riñalo (ou colgalo). Outros dous, empregados noutra empresa, levan 4 meses sen cobrar... pero os xefes non se privan das súas ceniñas de fin de semana... E digo eu:
¡¡ Que venenosos que somos !!. ¡¡ Que pouco valemos!!. Xa non se espera solidaridade, xa se sabe que en cuestión de cartos o que se aplica é... o sálvese quen poida, pero... ¿porqué sempre nos "goden" ós mesmos?. ¿Que é da máis elemental decencia?. Eu poño os empleados a comer guisos todo o mes... e non se me da por pasarlles por os dentes o meu novo Audi, brillante e impecable... non me vou de cea a onde todo o mundo vai ver que non estou tomando uns pinchos de tortilla... tampouco espero que declaren en nómina máis do que lle estou dando...
Entendo que os tempos están malos, que ai que arrimar un chisco o hombreiro... poida que ata entenda que se deixen de cobrar as horas extras ou as dietas unha tempada, pero de ahí a baixarche o soldo, que xa non son gran cousa por estos lares... Entendo, por desgraza, que cada un se preocupa de si mismo e tanto lle ten se o veciño de abaixo este mes come arroz branco con xudías ata o día 30... pero de ahí a rirse da xente, de regodearse en aquilo de: Crisis sí, pero a miña non é como a túa, eu son xefe, e teño que ter unha imaxe... e aprobeito o momento que é, que non tedes onde ir, para aproveitarvos o súor ata que non quede nin o cheiro.
Non sei, ai cousas que me encenden, que me asquean, que me reviran e me parecen rastreiras, danme a gana de soltar algunha indirecta diante dalgún...
A cuestión é... que tampouco creo en remedios milagrosos, e si son sinceira, non creo que ningún partido nos vaia quitar na que estamos... e saes do Salnés... e ves que a cousa é peor do que vemos aquí, por moito que nos queixemos. Na miña última visita ao hospital, fai uns días, cadrou que a sala de espera, daba á porta de Cáritas, de pé, mirando por a ventana, (por non mirar o retraso no reloxo cada 5 mints), contei, en menos de media hora, 11 persoas na cola. A certa hora abren a porta, e cada un fóronlle dando unha bolsa con pasta, ou arroz ou latas... e outra con útiles de aseo, viase ven nas bolsas... E a min entroume un escalofrío. Dende logo é mellor pedir que roubar... pero non puiden verme naquel lugar...
De repente fun consciente, que aínda que andamos máis xustos... aínda non voto contas do que compro cando vou ó supermercado, e no medio da crisis, non me queda outra que asumir que... vaia... como que eu non podo queixarme moito, como que... son afortunada... DE MOMENTO.