16/10/09

A TOXA E O TURISMO



Aquí vos deixo unha nova imaxe, pero e da Illa da Toxa e non de Vilalonga, (excuse me, please!).

Por certo, ¿sabíades que antes á Illa da Toxa só se iba para abandoar os animáis que estaban enfermos sen cura, para que morreran alí?. Cóntase que o funcionamento turístico da Illa comezou arredor do 1910 porque un burro cheo da tiña foi abandoado na Toxa. Pasados uns meses alguén volveu topar co burro, e non só o veu vivo “e coceando”, senón que lle sanara a tiña e todas as feridas desapareceran. Empezouse a atribuír o sucedido ó lodo e pronto empezaron a usalo as persoas e acabaron por vir persoas da época de certa catergoría. Así comezou todo.

2 comentarios:

JESSE JAMES dijo...

Pois podemos levar a algún político a ver si espabila.

Anónimo dijo...

http://1atalayadesanxenxo.blogspot.com