21/12/09

AMPLIASE O COLEXIO


Dado o frío que fai, antoxouseme baixar a tomar un café ó Bar Salnés. Alí me comenta un coñecido que o Conselleiro de Educación, Xesús Vázquez, asegura que se empezará a ampliar o colexio de Vilalonga para fináis de 2010. O home asegura que no próximo Nadal estará todo en marcha, pois xa van de inmediato a porse a estudiar o tema, que según conta, serán 6 unidades de educación infantil e 12 para primaria, para unha capacidade de 300 rapaces. Eu, como sempre fago en temas de política "lo dudo, lo dudo", máis que nada porque o proxecto son tres millons de euros (¡bah, calderilla!), e según xa lera eu en algún sitio, se lin ben, o dispoñible para estas cousas son 100000€ (vexamos de onde recortan para cubrir o resto). Imaxino que a nosa valente e dedicada alcaldesa, dado que todo o ten que facer pensando no pobo que a puxo ahí... estará a facer a maior "palanca" que poida no asunto para que o tema vaia a algures. Mais que nada, porque para "proxectos interruptus" xa temos en Vilalonga a puñados, empezando por a "hipermegamencioada" Telleira, e a gardería.
A decir verdade, ó colexio faille falta un repaso profundo. Parece máis unhas moi antigas "casas baratas", que se dice, que un centro educativo. Con ese aspecto pésimo, decadente, suxo... parece que ata quitará as ganas de ir.
Espero que polo menos, teñan a calefacción ben regulada estos días, os pobres.

8 comentarios:

Anónimo dijo...

O conselleiro di que será " divino de la muerte" oooiiiii, chamandose Xesus vázquez, amimaaa, este patinaaaaa....

LED ZEPPELIN dijo...

Divino e "coqueto". Os do PP xa non son o que eran ui ui ui.
Ademáis o que dixeron non o creen nin eles.

aguardenteiro dijo...

Me han contado que va a quedar tan coqueto, que "la niña de Rajoy" ya ha pedido plaza.

Se admiten apuestas...jejejeje

vilagonde dijo...

JAAAAAAJAJAJAJ... moi bo, aguardenteiro.

Anónimo dijo...

Parece mentira que xoguedes co tema do colexio... Si os que estan ahora non fan nada, os de antes o mesmo e por esas cousas de dimes e diretes nadie fai nada e dentro de un ano volvemos a votarlles para que nos segan engañando e nos poñemonos a criticalos nun foro pero todos sabemos que os Catalina´s boys van a seguir gobernando con Cati ou sen ela. ¿OU PENSADES O CONTRARIO?; saudiños: Gerrilleiro

Gerrilleiro dijo...

O colexio farase coas seguintes fases:
2010 anuncio de que se empeza a estudar o solar
2011 anuncio da aprobacion do plan parcial e compra de resto de suelo para poder facer as promesas ( todo esto antes das eleccions )
2014 anuncio do comenzo das obras
2015 visita para a colocación do primeiro ladrillo
2025 acabouse o colexio ... hai que empezar con outro e iste non se utiliza

Anónimo dijo...

Ese centro escolar e o mesmo no eu fun escolarizado aló polo 69, se mal non lembro e xa daquela era vello e tiña un cheiro a renxo tardo-franquismo.Nas paredes ainda resoan os ecos dos "avemarías" e os "cara al sol" e quedaron espidos os ocos dos retratos de algún falanxista. Hummm...que nostalxia

vilagonde dijo...

Guerrilleiro, eu tamén penso que aínda con todas as queixas, gañan, si é que somos idiotas.