28/12/09

SILVEIRAS A TUTIPLEN

Hoxe apenas saeu o sol, pero non fai tanto frío. Non é que preste saír a pasear, con tanta auga, pero claro, a nevera ai que enchela, así que alá me fun ó Mercadona. Curiosamente fixeime nesta imaxe ao pasar... así, de súpeto, e doume por preguntarme, porque se deixou chegar a este extremo, xa que ata onde teño entendido, a máquina do concello limpa de cando en cando os beirales. ¿Que tén este de especial que sufríu a "discriminación" de non ser incluído na lista?. Dende logo non é que sexa un camiño, e os coches pasan, pero é un dos pouquísimos sítios de Vilalonga onde se pode aparcar tranquilamente. Agora mesmo, en cambio, os coches procuran non achegarse demasiado o muro (que é da casa rural,http://ondequedavilalonga.blogspot.com/2009/02/casa-sineiro-tr.html ) , para non raiar a pintura, que non están os tempos para levar o coche ó taller. Deste xeito, ás veces non se pasa, e a cuestión é que aparte dun camiño, cara atrás está un garaxe. Se cadra, existe algún motivo en concreto que impide ao concello "pasarlle a cuchilla" a todo o muro, e se o ai quixera coñecelo. Ademáis, de seguro que está todo cheo de bechocos de todo tipo, e no verán se cadra houbo ata sérpes (e todo tipo de basura que o vento e as mans pouco cívicas levaron cara alí).
Non é que sexa unha cousa tremenda, pero paréceme unha desas pequenas cousas que se podían ter a punto por Vilalonga, con moi pouco esforzo... ¡que diaños!, a todo o mundo lle gusta ver os sitios, as casas, as aceras... os pobos, pulcros e coidados. As silveiras a tutiplen, tamén están ben... no monte (e ata certo punto).

9 comentarios:

iris dijo...

Sera para darlle un caracter máis rural ao entorno da casa e que así Vilalonga amose o seu lado máis natural no centro da vila amosando que os espazos verdes abundan nesa vila.

vilagonde dijo...

jejeje... Iris, sempre me gustou o teu sentido da ironía...

Gerrilleiro dijo...

E non será que tamen os propietarios teñen que limpar os muros e os veirales das suas propiedades?... Esto non quere decir que tamen o concello ten que velar po la limpeza dos valos, pero vivindo unha concelleira o lado que ademais ten acceso dende ese camiño hacia a propiedade dos seus pais non se preocupou por vixiar ese valo? ¿ A que lle votastedes nas anteriores eleccions que asi nos vai?

vilagonde dijo...

Pois non Guerrilleiro, nas anteriores eu persoalmente non votei a ninguén, por forza maior. E tamén penso que si non é obriga do concello, sí que é obriga deles, darlles un toque.

Atalaya dijo...

Felices Fiestas Vilagonde, a ti y todos tus lectores, que esos problemillas de salud se vayan arreglando, que es lo mas importante.

vilagonde dijo...

Mil gracias, Atalaya. Por fortuna la cosa está mejorando.

Guerrilleiro dijo...

Vexo neste blog un interes moi loable por ve los problemas de esta vila veciña miña e a que a menudo me desplazo (sobor de todo polo futbol). Felicito as persoas que o traballan pois esta moi ben feito e plantea cousas da vila que todo o mundo ve e nadie fala... felicidades por este traballo.
Agora quero facer unha pregunta:
Visto que dentro de nada empeza un ano que no noso concello vai a estar moi politizado pois dentro de nada xa hai eleccións, ¿ A que persoas vedes vos como posibles representantes no concello da vosa vila en cada un dos partidos principales?

Nacho Velón dijo...

Feliz salida y entrada de año y Próspero 2010

vilagonde dijo...

HOme, Guerrilleiro, pois moi agradecida, aínda que eu penso que lle falta moito para estar ó meu gusto, precisa estar máis currado.
E respecto o tema político, non suelo opinar... pero poreime a pensar no tema, e igual un día de estos fago unha entrada sobre o tema e móllome.