9/2/10

UN PETIROJO

Hoxe, dando un paseo, topei cun regato que non sabía nin que existía. Está no camiño que vai dende o parque infantil cerca dos institutos ó Lavado Engrase Carmelo, na marxe esquerda. Estaba tan cheo de porcalla ("¡¡que raro!!"), que en realidade non sabería dicir si é exactamente un regato. En verdade o que me chamou a atención, foi un fermoso paxaro enriba do vimbieiro que se ve detrás do poste. Sinto que non saia o paxaro, non me dou tempo e de todos os xeitos, co móvil, pouco ía a verse, pero recollecín de inmediato a un petirojo (pensei que xa non quedaban). Cantaba que espentellaba, así que, me sentín na obriga de buscar unha imaxe por Google para lembrar a beleza deste paxaro, que, curiosamente, non estou segura de como se denomina en galego (ay, que mal quedei).
Eso sí, en latín, sei que o petirojo que se ve por estos lares, é o Europeo, é dicir, o Erithacus rubecula.
A saber cando voltarei a ver outro...

6 comentarios:

un veciño de Sanxenxo dijo...

A min sempre me dixeron "PAPARROIBO" fan os niños nos veirales metidos na terra entre a herba, pon cinco hovos verdosos ou azulados depende que no mire e unhas pintiñas castañas.

E compañeiro do home, cando vas o toxo, limpar o monte, ou cavar unha viña nada mais sentir o legon xa che aparece o ladiño, a ver si pilla algo pra comer, lombrigas, lacrans, caquera bichiño que atope.

esto deberiamolo compartir, porque en pouco tempo quedarán no olvido.

Eu xa fai tempo que non vexo os ferreiriños, e pimpins ou pardales, e verderoles moi pouquiños..... e unha pena.

Un veciño de sanxenxo. (o que adoitaba firmar así os seus comentarios).

xa fai tempo que non opino total e o mesmo, tampouco non me interesan moito os últimos post. anque o de fenosa e preocupante.

nada mellor que esta foto do paxariño pa ver ue inda queda sensibilidade por estas cousiñas.

Gracias.

LED ZEPPELIN dijo...

Fermosa aportación coma sempre. Eu tam´ne voto en falla os verderoles, pardales e demáis. Son os problemas do progreso e a contaminación.
De acordo co veciño de Sanxenxo sobre o dos post.

Un saudo

vilagonde dijo...

Vou tomando nota... así que últimamente decaín un pouco en calidade. Terei que esmerarme un pouco máis.

Un veciño de Sanxenxo dijo...

Vilagonde, non me refería precisamente os teus.

vilagonde dijo...

Ah, veciño de Sanxenxo, pois perdón, Pero tranquilo, tampouco me ofendín. Eu mesma penso que están mellores outros post bastante para atrás. Pero é igual, reafírmome no dito... teño que ir currandoo máis.
Por certo, que tiñas razón, miña avóa falou algunha vez dos paparroibo.

Xesús dijo...

fermosisisissima foto ,en verdade. o "PAPO (pecho)RROIBO (rojo)"é sen dubiba o paxáro maís feitiño da creación.Grazas por compartires connosco ista marabilla.