3/3/10

"POLIS" con vocación.


Unha vez pasado o temporal, dame por pensar si desta vez a Policía Local estaría máis ó rego que no anterior ataque forte de vento á zona, que casualmente caeu en días que se estaban a cortar as árbores dentro do campo de fútbol de Baltar e dentro do parque público de Sanxenxo. A cuestión é que de aquela, (e seino porque no de Baltar, estaba, por circunstancias que non veñen ó caso, alí), quedeime sorprendida porque polo visto estaban avisados para que cortaran a calle ou o carril polo menos, para cortar e retirar ás arbores e que puideran cargalas nun camión, e déronlles pranton. Alí non apareceu nin o tato en toda a tarde. Oínlles decir que no parque público onde o Hotel Sanxenxo os agardaron durante HORAS (moi profesionales), asíque que ían seguir a pesar do risco que entrañaba, como demostrado quedou. Unha das árbores, ó cortala caeu cara a carretera, pero por sorte (si pode decirse), quedou enganchado e bailando nun cable que imaxinei era do alumeado. TREMENDO. Anda, que se chega a caer de todo e nese intre baixa alguén andando...
E mira, tí, colega blogueiro, que por sorte (e aquí sí que non pode decirse sorte), comprobei axiña a tremenda "vocación" dalgún deles.
Para esta menda resultou algo "moi godido" porque son estrita respetuosa dos pasos de peón (aínda lembro que me pillaron nun deles). O caso é que levaba no asento de atrás un bebé enfermo, e subía eu pola Progreso a 40 pero eso sí, totalmente na berza, coa cabeza posta no asento de atrás, e, cousas que pasan, na milésima de segundo que mirei para atrás polo retrovisor porque oín que se atragantaba e non podía respirar ben, polo visto, parou un home na acera para cruzar, e eu non parei, vamos, que eu non vin parar a ninguén, pero... un coche da "Poli" local, veume. Fixádevos que vos dixen que eu ía a 40 e totalmente coa cabeza no outro tema, polo tanto, cando oín unha sirena e vin o coche que se lanzou sobre mín como un raio chirriando rodas, nin pensei que era por mín, buscaba onde aparcar rápidamente sin estorbar. O caso é que parei, baixei dun salto e puxenme a bater na espalda do bebé, e escoito un "Buenas Tardes" tan entonado de mala uva que me fixo xirarme tan de sorpresa que peguei coa testa no teito do coche (a imaxe ata ten a súa gracia). Cando vin que era un da local, bastante maior, e cunha cara que dicía "o máis chulo aquí son eu" quedoume cara de berza, e máis cando se puxo a explicarme o que pasaba. El veu perfectamente o que estaba facendo, e  polo pouco ata pareceu que lle tardaba eu moito en colocar ben de novo o bebé, ata batía co pe no chan, (igual quería que o soltara como si fora unha serpentina en fin de ano). Primeiro pideume os papeles de moi mal ton, e logo, cunha falta de respeto total, veume a decir que como iría, que non os vira, e da maneira que o fixo só lle faltou chamarme idiota. Ó lado del, outro da local bastante máis novo, quizáis novato, miraba os papeles, mirouno a él cando se puxo nese ton, e non dou un chío. De repente doume un completo noxo, a vocación dese "maior" que debía dar un pouco de exemplo ó novato, e non ensinalo a ir de "chulo-nenas" cando se multa a alguén. Eu que os tiña por un oficio que alguén tén que facer, dei en pensar que cando a xente os pon a caer dun burro, teñen toda a razón, aínda que paguen todos, ó mellor, por a metade.
Porque... vale que tiña que multarme, clarísimo, e non teño nada que obxetar, pero non entendo aínda eu a que viña tanta sirena, tanto chirrido e aquel ton tan despectivo, vamos, que si cando lle veu a vocación foi pensando nesto, máis lle valera facerse prestamista.
¡¡ Ni que fuera yo Bin Laden!!, (que diría  a Belén Estéban).

8 comentarios:

aguardenteiro dijo...

Es lo que tiene el "poder"...que no la razón.

Sandra dijo...

Acórdome no verán un día que eu estaba en correos, e estaban dous coches mal aparcados fora, enriba da acera, entrou unha auxiliar destas de verásn (18 anos como moito) e sen saudar di: UN AUDI? e dille un tio: é meu, e dille ela con cara de ser a máxima suprema autoridade e movendo a cabeza: PUES FUERA!, e segue a dicir: EL GOLF? e di unha tía, meu!, PUES FUERA YA!. Cando rematou, díxenlle: Bos días ante todo!. A tía miroume que si as miradas matasen.... eu non estaría escribindo isto. E díxenlle, que case valera máis que os multara sen entrar a preguntar (que estaba en todo o seu deeito, xa que estaban mal aparcados!), que entrar con esa mala educación e esa prepotencia. Douse media volta, e como o que oe chover....
Tamén hai que dicir que grazas que non son todos iguais, e pasa como en todas as profesións, hai xente profesional e xente que non o é.
Lástima que o bebe non lle vomitara enriba, o bebe quedaría aliviado, e ti pagarías a multa con unha sonrisa!.
Unha aperta.

Denunciante dijo...

Hola: Cada uno cuenta lo sucedido a su manera, arrima el ascua a su sardina.¿Porqué no dice realmente lo que sucedió en la calle Progreso?. Había un peatón en la calzada esperando que los vehículos que circulaban en sentido Pontevedra hacia O Grove detuvieran su vehículo para poder pasar, en el sentido contrario ya estaban detenidos dos vehículos, detrás del primero estaba un vehículo de la Policía Local, el vehículo de la conductora que venía en sentido contrario no se detuvo a ceder el paso al peatón (como era su obligación), el conductor del vehículo policial le ordenó parar, haciendo caso omiso y continuando su marcha sin llegar a detenerse. Acto seguido el vehículo puso las luces y sirenas y dió la vuelta en la calzada para identificar a la conductora. No debería ser tanta la velocidad del vehículo policial cuando llegó a su altura en la calle Luis Rocafort. ¿Cómo sabía que las ruedas del vehículo derraparon y "chirriaron" si continuó su marcha?. Al llegar a la altura de la conductora, con toda educación (ya llevo muchos de profesión)le solicitamos su permiso de conducir, y manifestó que ya sabía el motivo por el cual le dabamos el alto, diciéndonos que un niño se encontraba mal y que se dirigía al Centro Médico Sanxenxo. Se procedió a denunciarla y la única que entró en detalles fue la conductora, diciéndonos que nos dedicaramos a otras cosas, que no era ninguna delincuente. ¿Qué habría ocurrido si el peatón hubiera cruzado la calzada?, nos estaríamos lamentando ahora. Otra cosa, al iniciar la marcha se dirigió hacia el Centro Médico, y cual es nuestra sorpresa que al cabo de unos metros damos la vuelta y el vehículo ya no estaba delante del Centro. ¿Dónde estaba la urgencia?, Cuente siempre la verdad y respete las normas, nosotros estamos para que se hagan respetar entre otras cosas.

Anónimo dijo...

No todos los policias son malos. algunos hasta le ofrecen la gorra a las ciudadanas, para que hagan streeptease. Y casi aceptan.

¡¡¡top secret!!! (bicos y buen humor)

Anónimo dijo...

Denunciante, solo che faltou decir "palabra de policía".
Como a vosa palabra vale mais ca de nadie....

Vilagonde dijo...

Vai, un poli blogueiro, pois tes facil resposta. Tan fácil como que Serantes non estaba e acabei indo a Baltar, para volver logo a Pontevedra de noite. E tan fácil, como ir comprobalo ó centro médico.
Precisamente, falando da verdade, o tipo veu sobradamente que estaba batendolle na espalda o bebé, e segundo, para non oír chirríar tería que ser sorda de todo, outra cousa é que levantara a vista por o retrovisor e non vira a quen fora que estaba parado nin a ninguén. Ti fillos dende logo non terás.

vilagonde dijo...

Agora, que releo, ¡¡ será impresentable o tio??!!. ¿Non se che caerá a cara do embusteiro que eres, por dignidade?.¿Como che ía decir eu que o sabía e encima explicar onde iba, caradura?. Vergonza debía darche. ¿Xurarías eso por a vida dos teus netos, artista?. Párame onde queiras, que cho repito na cara, primeiro, porque si vos escapara, seguro que non me metíades 150 euros namáis, e segundo, eu non protesto por a multa, QUE NON TE ENTERAS, LISTILLO, que digo, que para ter uniforme, hay que ter decencia como persona. Multas ó personal e punto, as demostracións esas de superioridades, gárdalas para contalas batalliñas.
Como día Sandra, menos mal que coñezo a unha Policía Local, que é o paradigma da mala leche, pero tamén da honradez.
(E non fun pedirlle que me quitara a multa, ¿ves a diferencia entre tí e eu?.
Joer, decir que unha muller que acaba de ser nai, "pasou" del e escapoulle. Ai que ser idiota, meu neno!!

Vilagonde dijo...

Anónimo, eso tamén o din da Garda Civil, e que son moi chulos e non sei que máis, pois mira, comigo, o que me parou por levar a luz de freno cascada, super educado.
Sandra, tes razón que ai de todo, estou segura.
Aguardenteiro, deche no cravo.
En fin. Capítulo pechado, pero eso sí, quédome coa copla de que son uns chuletas, que me contaron máis dunha anecdota, e ata agora, tomárao por os pelos. En fin, alá cada un coa súa conciencia.
Por certo, Denunciante, xa a paguei, que o sepas, que sei que foi un despiste, pero delito, ao fin e o cabo.