Contábame un coñecido que se foi anotar para algunha das prazas que saca o concello para a limpeza de praias, e, que para a súa desilusión, apareceron unha burrada de aspirantes para solo 40 prazas (normal, con estes tempos), total que aínda me sacou unhas risas cando me explicaba que tras un exame tipo test, teñen que facer unha proba práctica (vai resultar que ai que demostrar a velocidade co angazo) e tamén que teñen que falar galego (¡que idiotez!). Días antes contába alguén como Catalina fixo repetir un examen poñendo de excusa un defecto de non sei moi ben o que, para que a cuñada de Aguín Magdalena puidera entrar na convocatoria, senon quedaba fóra...
Fai uns anos contábame un empregado de unha chea de anos, que no Concello todo está dado de antemán, algúns que levan anos, nunca son fixos, e algúns son fixos dende o primeiro ano, e sin proba ningunha. As veces contaba que lle regalara non sei qué a Catalina, que tiña que sacarlle a praza fixa como fora (eu nunca vin os regalos), e a mín fervíame o sangue solo de oílo.
Ó final un convéncese de que as "lendas urbanas" arredor dos concellos soen ser certos, que normalmente, en temas de licenzas e postos de traballo, todo está manga por hombro, non ai títere con cabeza... chamádelle X e despexade Y. Un convéncese de que é unha pérda de tempo presentarse a unha convocatoria nun concello, que as plazas, xa están dadas de antemán.
De pronto, mentras vos escribo, vólveme á retina a imaxe dunha mañá recente: Mari Paz, Angel e outros sentados arredor dunha mesa (eso sí, a Cata non a levaban). Mari Paz, ten unha suave conversa polo móvil, non se entende nada. Logo rin e falan entre eles, atácanlle a os pastéis que lles puxeron co café.. De súpeto recibe Ángel a chamada de Marcos (Gondariño), dicindo que ten alí unha inspección e menos discreto que Mari Paz, repite polo teléfono en voz alta: Vale, Marcos, vale, ¿pero estás ahí no Boavista?.
Alí os estaban, como compañeiros de clase comentando un examen.
Alguén na miña mesa dixo que topara currando para o Concello, á rapaza máis "burra" (falando con idioma popular) que se pode un topar, e que non se creía nin de coña que pasara algún examen. Outro decía que por eso dimitira a concellala de facenda, porque vía demasiadas historias e acabou ata o moño. Despois do que levo oído, e recordando o grupiño, ¿que queredes que vos diga?, non podo por menos que preguntarme si alguén se ocupou de mirar si algún familiar deles está a currar no concello, ¿alguén lles supervisou os coñecementos para o posto de traballo?.
Non teño nada contra o de ter familiares e amigos traballando, pero, "cogones", si xa che facilitan a oferta de traballo sen ter que actualizar curriculum, facer entrevistas, ler a sección no xornal... polo menos, ¡¡ ten a decencia de prepararte a conciencia !!.
... Pero, dame que noite pechada ... vamos, para votar cohetes.