Velaquí o que queda do piorno que antigamente pertencía a un toreiro. Estaba no lugar do chalé que se intúe detrás, sen embargo para facelo chalé, trasladáro a onde está agora, abandoado e cheo de silvas, e, aínda menos mal que non arrasaron con todo (ai que dar gracias a Deus por os pequenos milagros).
3 comentarios:
Tes toda a razon do mundo. Era un pazo moi bonito, con unha plaza de toros pequena que era onde practicaba este señor. Tiña unha entrada moi bonita con unhas escaleiras de pedras destas que aparecen nas peliculas e diante mesmo unha enorme palmeira que tiña tropecentos anos. Foi un crimen o que fixeron con isto. No proxecto contemplabase a restauracion do pazo para convertelo un hotel, pero como ben dis esta cheo de silvas e non creo que se lle vaia a poñer a man. Unha vergonza que o concello lle deixara facer esta aberracion.
É unha pena ver como o noso patrimonio vai desaparecendo e todo porque non lles obrigan aos constructores a cumplir coas suas obrigas pero sen embargo si que lles deixan ir adiante coas obras onde poden sacar cartos.
O malo de todo isto é que este pazo acabara por desaparecer e senón tempo ao tempo.
Sí, sí, Anónimo, o do hotel, xa o sabía, ¿alguén pasou por alí ultimamente? O muro está desfeitiño, e este inverno cairon pedras á carretera. E o do pazo, pois non sei en que sitio estaba, a non ser que sea unha vella construcción que está detrás do piorno, a caer, eu pensaba que eran as antigas cortes, mira ti.
E sí, Iris, de que vai desaparecer de todo, xa cho digo eu, porque xa oín de quen levou ata algunha pedra para adornar o xardín.
Publicar un comentario