Esta pasada fin de semana celebrouse na praza de Vilalonga unha estupenda larpeirada en honra do polbo Paul, e como apoio ao noso ben querido clube de fútbol, por alí se deron cita persoas e persoeiros de toda "caste" como pode verse nas imaxes do Domingo ás 13.30 da tarde, máis ou menos. Tamén se puido ver a algúns xogadores, como Saúl, e ata acudiu Dulcinea, en avanzado estado de xestación e que, alédome por ela, parecía levalo moi ben. Como evento público e de papatoria que era, estivo bastante concurrido (que pa papar ai xente sempre, jejeje), e ai que recoñecer que a organización non tivo mal, xa que nin os prezos resultaban prohibitivos, as racións aínda tiñan certa decencia, e ata se preocuparon de sinalar onde estaban os W.C. (que ai xente moi porquiña).
Para degustar, mexilóns, xiba, pementiños, polbo, empanada... e un estupendo viño Aguiuncho, da aldea, como tiña que ser. Houbo algún comentario dos mexilons, algo pequeneiros, pero matizando que seguramente tiña moito que ver a recente veda por toxina. Saborosos estaban, dende logo (eu dei boa conta deles). A ritmo latino, a xente íase espallando por as mesas cos pratos, e os turistas que se apuntaron bailaban e tiraban fotos, todo nun ambente tranquilo. Algúns baixaban ata o bar, baixo o palco das festas. As 4 e media da tarde o sitio estaba valeiro, pero limpo e recollido por os organizadores, sen embargo, seguramente por a noite volveu a ter certo rebumbio.
Na miña mesa coincidimos que debía facerse este evento unha vez cada ano (e non fai falla que sea por Paul). ¿Non vos parece?.
Yo tambien me lo pasé bien.
ResponderEliminar