26/7/10

LARPEIRADA CELESTE

Esta pasada fin de semana celebrouse na praza de Vilalonga unha estupenda larpeirada en honra do polbo Paul, e como apoio ao noso ben querido clube de fútbol, por alí se deron cita persoas e persoeiros de toda "caste" como pode verse nas imaxes do Domingo ás 13.30 da tarde, máis ou menos. Tamén se puido ver a algúns xogadores, como Saúl, e ata acudiu Dulcinea, en avanzado estado de xestación e que, alédome por ela, parecía levalo moi ben. Como evento público e de papatoria que era, estivo bastante concurrido (que pa papar ai xente sempre, jejeje), e ai que recoñecer que a organización non tivo mal, xa que nin os prezos resultaban prohibitivos, as racións aínda tiñan certa decencia, e ata se preocuparon de sinalar onde estaban os W.C. (que ai xente moi porquiña).
Para degustar, mexilóns, xiba, pementiños, polbo, empanada... e un estupendo viño Aguiuncho, da aldea, como tiña que ser. Houbo algún comentario dos mexilons, algo pequeneiros, pero matizando que seguramente tiña moito que ver a recente veda por toxina. Saborosos estaban, dende logo (eu dei boa conta deles). A ritmo latino, a xente íase espallando por as mesas cos pratos, e os turistas que se apuntaron bailaban e tiraban fotos, todo nun ambente tranquilo. Algúns baixaban ata o bar, baixo o palco das festas. As 4 e media da tarde o sitio estaba valeiro, pero limpo e recollido por os organizadores, sen embargo, seguramente por a noite volveu a ter certo rebumbio.
Na miña mesa coincidimos que debía facerse este evento unha vez cada ano (e non fai falla que sea por Paul). ¿Non vos parece?.

1 comentario:

Anónimo dijo...

Yo tambien me lo pasé bien.