Pasando por Rouxique coméntolle a quen me acompaña, que a cancela dunha casa sempre está aberta, día e noite, que xa se nota que leva moito sin cerrarse, se non lles dará medo que entre calquera véndoa así. Esta persoa cóntame que é unha costume que teñen dende pouco tempo despois de morrer a antiga dona da casa, fai xa anos. Polo visto, esta muller deixou dito antes de morrer, que non quería que se cerrara nunca a entrada á súa casa, que a súa casa a quería sempre aberta. Sen embargo, ó pouco do finamento, os que quedaron comezaron a pechala cancela polas noites. Pasan uns días, e de súpeto unha veciña asustada asegura ter visto á finada debaixo da figueira da horta, que da ó camiño.
Co medo no corpo, nunca máis se cerrou esa cancela.
Co medo no corpo, nunca máis se cerrou esa cancela.
4 comentarios:
somos un pobo rico tamen nestas couas, lendas urbans, que so vemos ou escoitamos nos programas adicados a eses temas, so pensar no medo que pasabamos de pequenos cando o cañero pasaba pola nosa zona e os vellos do lugar contaban historias de mortos, santa compaña, e outras cousas parecidas, que despois cando tocaba marchar nunca nadie chegou a semellante velocidade correndo, e unha das cousas que sempre che quedan na memoria.
Hola Albino, ¿que é da túa vida?. Espero que todo en orde. Pois sí, pola vila corren outras historias "sobrenaturais", como á do cruceiro da Costiña (non sei si chegaste a leela). Si coñeces algunha outra da zona, xa sabes, é benvida. Saúdos.
cal e a historia do cruceiro da costiña? eu so sei que lle falta un anxo da cruz (nas fotos que tendes vese que so queda a copa e a man o lado do crito)porque un veciño sendo rapaz tiroulle unha pesdra
Vaia, moi interesante. ¿E cal é o cruceiro ó que lle falta un anxo por unha pedrada?. Digo, por que non o notei en ningún, igual non me fixei abondo.
Publicar un comentario