5/10/10

DE ESTILO VISIGODO

¿Alguén sabía que según a "Asociación de Archiveros de la Iglesia en España", a nosa igrexa ten raíces de estilo Visigodo?. Así figura nos seus archivos. E no libro "XX Ruta Cicloturistica del Romanico internacional" de Rafael Fontoira Suris, dí que é dunha nave rectangular prolongada por unha sacristía. A nave ten tres arcos de medio punto sobre os que se apoia unha estructura moderna que antes era de madeira. O prebisterio cúbrese con bóveda de crucería e a sacristía con outra de cañón corrido. Por fóra, a nave ten cornisa en gola, e tres contrafuertes por lado. A fachada occidental ten unha porta acabada en arco de medio punto e enriba un frontón triangular que é soportado por dous pilares acanalados. No ápice, unha cruz. Nótase que é do s. XVII, o barroco compostelano, aínda non está moi arraigado.
Por certo, para ver tres dinteles que foron da igrexa teríamos que acercarnos ó Museo arqueolóxico de Pontevedra, que é quen dispón deles.                                                                       

IMAXE DE panoramio.com

5 comentarios:

albino dijo...

A primeira fase da igrexa sera da mesma epoca que os nichos feitos pedra na parte de atras, e que se levaron por diante cando arranxaron a estrada que sube o cementerio novo. Ese si que foi un atentado a cultura e a historia de Vilalonga.

Vilagonde dijo...

Imaxino que te refires ás tumbas medieváis http://ondequedavilalonga.blogspot.com/2009/04/na-igrexa-parroquial.html

Sí, sí que é un sacrilexio arrasar con eso.

LED ZEPPELIN dijo...

Ola despois dun montón de tempo sen andar polos lares do INTERNESS. Hai xa moito tempo lín (non recordo onde) que a ambos lados do altar maior da nosa iglesia están enterrados os duques de Patiño que eran os benefactores da parroquia no seu momento. ¿sabedes algo disto?
Tamén hai tempo topara nun libro sobre os pazos de Galicia unha reseña do pazo de Gondar na parroquia de vilalonga e que tamén pertencía á casa do Patiño. Preguntei pero ninguén sabía nada disto. Alguén lle soa algo???
Saudos.

Ahhhh, noraboa polo bo traballo do Blog

Vilagonde dijo...

HOLA ZEPELIN :0... ¿Canto tempo???.. Que tal o verán?, que estiveches in off, total.
Do que me dis, non sei de ningún pazo Gondar, máis que o de Xeve, vou ver si topo algo, e do outro tema, nunca oíra que estaban ahí nin tampouco que axudaran á parroquia, eso sí que me deixa sorprendida, porque algo lin deles. Vou ver si topo algo novo, aínda que ai poucos libros que falen deles, e todos son de linajes (un tostón)

Rocio dijo...

Ola

O curioso da parroquia de Vilalonga é que é unha parroquía que non ten terreos, sin embargo a capela de Gondar posue terreos en propiedade, son os que se encontran o pasar a curva do Reiniño ata chegar a primeira casa que hai antes do Hotel Santome.

Esas terras para usalas pagabaselle un alquiler a igrexa e así os veciños de Gondar podian e poden cultivalas, eu sei que meus avos durante anos traballaron unha que agora. Eses terreos son coñecidos como as terras do Río da Igrexa.

Co tempo moitas das propiedades foronse vendendo, como algúns montes, o último vendeuse non hai moitos anos, pero as terras de xunta a carretera siguen sendo de arrendamento.

Esto sucede porque a parroquía orixinaría era San Tome de Gondar e logo dividiuse en San Tome de Gondar e San Pedro de Vilalonga para rematar a de Gondar dentro da de Vilalonga.

Un saúdo