28/2/11

UNHA VECIÑA NA POSTGUERRA...

Unha veciña conta que nos tempos das barreiras en Vilalonga, tiña unha especie de veleiro cuio casco tiña a proa en pico e popa recta, e unha soa vela, que trouxera da Coruña e que todos os veciños llo rían por ser o único daquel modelo que había na zona. Era un barco curto, e sen embargo máis ancho do habitual, cunha vela e guiado por unha veleta manual na parte de atrás. Sen embargo, aquel barco que algún veciño consideraba ridículo, tiña uns cinco metros de longo e podía levar ata 4000 kgs., que xa era importante para aquela época. Ela usábao como medio de vida para levar golfeiro dun lado a outro. Ou cando era preciso para achegar algunha outra cousa ós grandes barcos que chegaban á Toxa e non podían achegarse a esta zona polo pouco fondío existente. Conta que nunha ocasión foille requisada a carón da Toxa, inxustamente polos gardas da postguerra, e por enriba fixéronlle pagar unha multa. Ela agardou á noite para ir recuperala, xa que sabía onde as gardaban, coa tranquilidade de que os gardas non soían voltar por os sitios onde gardaban o que "requisaban", asunto que levaban outros. (Imaxino que o que faltaban eran rexistros ou control do tema, pois ninguén veu reclamarlla e ela sigueu a faenar con ela. A cuestión é que tivo moita sorte.)















No hay comentarios: