30/8/11

¡ A VOLTA CICLISTA A ESPAÑA !

Por un anaco de Vilalonga, pasará o xoves a Volta Ciclista a España, que virían de Combarro, pasarían por Raxó, Areas, Nanín e o Vinquiño, para chegar á rotonda diante do Bar Stop, e deseguida collerían para Cambados ó longo da PO-550.
Calculan que pasarían ó redor das 5 da tarde,polo que todos aqueles que desexen ver o seu paso, que lembren estar vixiantes dende unha hora antes, diría eu... e con este tempo...
A min vaime ser imposible... Igual se anima alguén a tomar unha fotografía do momento e remitila para ser engadida aquí no blog do pobo.
¡ Saudiños !.

2 comentarios:

zeppelin dijo...

Moi bo o debuxo e o post. saudos

Vilagonde dijo...

jajaja... por Deus, o debuxo daba peniña, dáseme fatal, fatal. Pero gracias.