7/11/11

¡¡ UN ESCRITOR !!

Por casualidade e para a miña completa sorpresa, cae nas miñas mans un libro escrito por un dos nosos veciños.
Recoñezo que cando lin pola parte de atrás do libro, de qué se falaba nas súas 456 páxinas, viñéronme á cabeza ideas e cousas que te das conta non é exactamente do que trata unha vez que o abres e tes pos a lelo.
En realidade ven a ser, nin máis nin menos que todo un percorrido por lendas, creenzas, historia, mitoloxía, moralexas ("LA MARIPOSA Y EL CUERVO")... a través das conversas entre un avó e o seu neto. En todo o libro (ou debería dicir ata cerca da metade, que é por onde vou lendo) trátase a ironía e as incongruencias da relixión, Deus, o Demo... expóñense preguntas para a reflexión... Decididamente, non é un libro para leer dun tirón, senón para ir lendo a poucos.
Dende aquí a miña noraboa por lanzarse á aventura, indicando unha fermosa frase á que él mesmo fai referencia no libro: "Aprender es como remar contracorriente, en cuanto se deja, se retrocede".

2 comentarios:

Alondra Viajera dijo...

Pues a comprarlo toca, seguro que aprendo mucho sobre nuestra cultura y ancestros :)

Plataforma O Pombal (David Leiro) dijo...

interesante blog ! sigue así que hai que seguir divulgando. Que este "maravilloso" concello non só é sol praia, que hai máis alá. Pásate polo Pombal. Saúdos.