Novamente a volta ciclista a España pasa por Vilalonga. Despois de pasar xa o sábado 24 ás 7 da tarde dende Dena cara Gondar, espérase que atravesen hoxe sobre as 16hs. toda a Avenida de Vilar cara Dena para seguir por Padrenda.
VILALONGA EXISTE, SAE NO MAPA cos seus 5,3km2 e 3096 habitantes aproximados. AS RÍAS BAIXAS NON SON SANXENXO SOAMENTE, E SANXENXO ... NON É SÓ 1 KM ARREDOR DO CONCELLO.
26/8/13
18/8/13
ROMANCE DE VILALONGA
Entre os anos 1929 e 1934, recorría España como podía, Aníbal Otero, recopilando todos os romances e versións dun mismo romance que ía topando por os pobos.
En 1936 cando realizaba encuestas nas fronteiras de Portugal achegadas a Tuy, foi entregado ós militares acusado de espiar para os republicanos e a punto estivo de ser fusilado. Non foi así, finalmente, pero non tivo a liberdade condicional ata maio de 1941, despois de pasar por as cárceres de Tuy, Vigo, San Simón, Burgos e Figueirido.
En 1939, anotaba unha versión dun romance de boca de outro preso no cárcere de Pontevedra. Este preso, Albino Alfonso Rey, tiña 40 anos e era de Vilalonga.
Velaquí a versión de Vilalonga daquel romance:ROMANCE "LA MERIENDA DEL MORO ZAIDE"
Año nuevo, año nuevo, primera fiesta del año.
Entre duques y doncellas, al Rey le pido aguinaldo.
No le pido oro ni plata, ni tampoco su reinado,
que le pido tres mil hombres para pelear nel campo.
Tres mil hombres le he pedido, cuatro mil me ha mandado.
Por las calles donde iba, todo queda arrasado;
no queda cabra ni oveja ni pastor con su ganado,
solo queda un pobre viejo de los miembros derreado.
-¿Vistes por aquí a mi primo?, ¿vistes por aquí a mi hermano?.
- Queda en un campo de flores muy deprisa merendando,
con las sogas al pescuezo y el espadín en la mano.
Con el jrimo que tomó pasó el río toledano.
A la salida de un río, a la saltada de un valo,
cayó mi mula conmigo, partió mi puñal dorado
no lo quisiera perder ni por doscientos ducados.
Sírvase usté, Señor Rey, sírvase usté apañarlo.
Allá por la media noche, los gallos quieren cantar,
los años viejos despiden, los nuevos quieren entrar.
_____________________________________________________
DATOS TIRADOS DO "ARCHIVO DEL ROMANCERO, VOL. I" (Diego Catalán).
Fund. RAmón Menéndez Pidal
24/5/13
GRAN ESTRENO
IMAXE D.AROUSA
http://www.diariodearousa.com/articulo/o-salnes/cambados-la-cultural-acoge-la-presentacion-del-corto-cien-por-cien-saliniense-fatal-night/20130523014901027277.html Hoxe, estreno en Cambados da curta onde participa o noso inquieto veciño, Alberto Torres, do cal vos falaba nunha entradiña anterior... http://ondequedavilalonga.blogspot.com.es/2013/04/alzando-as-inquedanzas.html
12/4/13
CONCERTO NA CULTURAL ??
O acordeón é un instrumento que según teño entendido é bastante difícil de aprender.
O día 28 deste mes de Abril, para as 19hs. había programado un concerto no Centro Cultural, que ían a dar os integrantes da asociación "Amigos do acordeón Rías Baixas"
O que non sei, e si con todo o lío da caída do falso teito, si aínda está o concerto en pé...
10/4/13
ALZANDO AS INQUEDANZAS
Vilalonga está en vistas dun novo actor. Estamos a falar de Alberto Torres (o noso Jhonny be Good) que será protagonista na curta "Fatal Night", escrita e dirixida por Diego J. Fernández (que tamén será protagonista).
De sabido son as inquedanzas de Jhonny por as antigas películas de terror e suspense, vampiros... ("La orgía nocturna de los vampiros"), así que, desta vez, a súa inquedanza lévao a traballar nesta curta, producida por Emilio J.Carro.
De sabido son as inquedanzas de Jhonny por as antigas películas de terror e suspense, vampiros... ("La orgía nocturna de los vampiros"), así que, desta vez, a súa inquedanza lévao a traballar nesta curta, producida por Emilio J.Carro.
O argumento comeza cunha noite que ía ser toda unha festa para os protagonistas, pero en cambio as cousas non saen como se tiña pensado.
Certamente, unha servidora, espera impaciente o estreno, pero mentras tanto para ir abrinto ganas, aquí podemos ver como van collendo as tablas. ;)
Certamente, unha servidora, espera impaciente o estreno, pero mentras tanto para ir abrinto ganas, aquí podemos ver como van collendo as tablas. ;)
Por certo, que imos ver si cando estean a competir con Santiago Segura, nos trae entradas de balde...
11/3/13
"TEGENARIA ATRICA"
Buscando buscando, topeime con que é unha "Tegenaria átrica", penso, ou igualmente, a araña común doméstica, e é das arañas máis grandes de toda Europa, chegando a femia a casi os 2 cms. e os machos a algo menos, aínda que as patas máis longas poden rondar os 8cms.
Corren a bastante velocidade e sen embargo as telas non son moi pegañentas así que moitas veces fuxiralles a comida si non se apuran a ir por ela. Polo demáis, en principio teñen asegurada a supervivencia da especie, xa que cada femia pode deixarnos unhas 60 crías. Por fortuna, aínda que o tamaño é respetable, as mandíbulas non teñen demasiada forza e apenas poden furar a nosa pel, e cando o fan, o efecto do veleno e inapreciable case sempre.
Como dato curioso, que ás veces os adultos poden ser caníbales e comer as crías.
10/3/13
UNHA VECIÑA EN ALZA
Hoxe veño falarvos dunha veciña blogueira totalmente en alza. Fai xa un tempo Rocío Garrido Caramés iniciara o seu blog para aportarnos o seu bo gusto (e capacidade) coa cociña, e tamén para ter como unha especie de relaxación persoal, xa que no seu momento Rocío viuse obrigada a deixar de traballar para coidar do seu avó que padecía demencia senil. Nel Rocío dábanos recetas, falábanos da evolución do seu avó e ata chegaba a ensinarnos como diferenciar un producto galego dun que non o é. Pouco a pouco foi engadindo aquelas cousas que seu avó lle pedía de cando neno... e todo foi derivando ata hoxe, que segue a deleitarnos no seu blog.
Foi o pasado ano cando Rocío presentou o seu libro "Cociñando coas razas autóctonas" editado por Boaga (Federación de Razas Autóctonas Galegas), no Salón da Alimentación do Atlántico en Silleda e rematou gañando o premio "Gourmand World Cookbook", que destaca o libro como o mellor de cociña sostible de España. É o primeiro libro que trae recetas a base de carnes de todas as razas autóctonas galegas que están en extinción: a cabra e a ovella típica galega, o galo de Mos, o porquiño celta, a vaca cachea, a vaca limiá...
Ela mesma creou os platos que contén o libro. E para interesados, tamén trae postres, con ovos, leite, queixo... derivados de esas razas.
Rocío, as miñas máis sinceiras felicitacions.
* Para facerse co seu libro: cocinademiabuelo.blogspot.com.es
Información: DIARIO DE AROUSA - FARO DE VIGO -LA VOZ DE GALICIA
Información: DIARIO DE AROUSA - FARO DE VIGO -LA VOZ DE GALICIA
3/3/13
DO CINE DON JUAN
O cine Don Juán (antes "Torres"), situado ó lado da Alameda de Vilalonga, foi o primeiro cine do que se sabe en Sanxenxo.
En 1976, de tanta xente que acudía tiña que achegarse a Garda Civil para poñer algo de orde e que puidesen circular os coches.
(Texto e imaxe do DIARIO DE PONTEVEDRA, 17 Feb.2013)
Información máis completa:
http://ondequedavilalonga.blogspot.com.es/2010/08/o-cine-don-juan.html
Información máis completa:
http://ondequedavilalonga.blogspot.com.es/2010/08/o-cine-don-juan.html
5/2/13
POUCO A POUCO...
Na mañá do viernes 1, soltáronse varios m2 de falso teito dentro da cultural. Por suerte, nese momento, ó ser de mañá cedo non se celebraba na sala ningún dos habituales bailes ou festas e non houbo que lamentar danos físicos a ninguén.
A casa Cutural non está nas mellores condicions de uso e xa fai tempo que se ven falando do tema en Vilalonga e se está a buscar axuda suficiente para deixar renovado o local, que dado que está no edificio que antes tivo ó cine "D.Juán", xa terá máis de 30 anos.
Sen embargo, nos tempos que corren parece que a axuda tarda en chegar e sábese que o dono do edificio tampouco está pola labor a pesares que o sitio está cheo de humidades e filtracions.
Esperemos que pronto se dea cunha solución porque a este paso, pouco a pouco e dentro de nada os bailes van celebrarse directamente no campo das festas...
31/12/12
ATRACO RELÁMPAGO
Esta mañán parece ser foi atracada a oficina do Banco Gallego, nun atraco totalmente relámpago. O home entrou e achegouse á empleada que nese momento estaba sola e non notou nada raro.
Nada máis achegarse ó mostrador de caixa pideulle os cartos. Aínda que non sacou ningunha arma, a empregada, lóxicamente doulle todo o que tiña a man, pero indicándolle que da caixa, se os quería, era de apertura retardada.
O home, non quixo esperar e foise co que había fora, que aínda que non se dixo cantidade, presuponse non será moi alta.
14/12/12
ACIDENTE
Nove da tarde. Os bombeiros intentan sacar do coche a un mozo que
está atrapado. Según parece, derrapou ó saír da ronda do
Eroski cara Dena e bateu nun poste. A garda civil está pendente de que a circulac
ón continúe coa maior normalidade posible. Haberá que esperar máis información.
O NOVO PRECIO DO SOLO NO POBO
Según parece, facenda considera que aínda que se pode baixar o valor por m2 en Portonovo dos 900 os 700 €, en Vilalonga-suburbana seguirá o prezo de 550 por m2. Claro que ai que ter en conta que Sanxenxo, curiosamente, está por enriba que a propia cidade de Pontevedra, capital, cun prezo de 1100€/ m2, (case nada). Considera facenda que este último prezo é inalterable, como fai un ano.
... Será que a pesares da crise, ¿Sanxenxo segue a ser tan 'chic'?
10/11/12
INCENDIO
Na tarde de hoxe os bombeiros tiveron que acudir ó pobo para apagar un extraño incendio nun contenedor
7/11/11
¡¡ UN ESCRITOR !!
Por casualidade e para a miña completa sorpresa, cae nas miñas mans un libro escrito por un dos nosos veciños.
Recoñezo que cando lin pola parte de atrás do libro, de qué se falaba nas súas 456 páxinas, viñéronme á cabeza ideas e cousas que te das conta non é exactamente do que trata unha vez que o abres e tes pos a lelo.
En realidade ven a ser, nin máis nin menos que todo un percorrido por lendas, creenzas, historia, mitoloxía, moralexas ("LA MARIPOSA Y EL CUERVO")... a través das conversas entre un avó e o seu neto. En todo o libro (ou debería dicir ata cerca da metade, que é por onde vou lendo) trátase a ironía e as incongruencias da relixión, Deus, o Demo... expóñense preguntas para a reflexión... Decididamente, non é un libro para leer dun tirón, senón para ir lendo a poucos.
Dende aquí a miña noraboa por lanzarse á aventura, indicando unha fermosa frase á que él mesmo fai referencia no libro: "Aprender es como remar contracorriente, en cuanto se deja, se retrocede".
28/10/11
DOS PERMISOS PARA LUMES
No sucesivo, os permisos para lumes, denuncias de medio ambiente, e semellantes, serán levados dende a nova oficina de Medio Ambiente, que ven a ser o antigo centro médico de Vilalonga, diante da gasolineira. Deste xeito, o concello aforra o aluguer que lle costaba anualmente a antiga oficina ó lado do campo de futbol (8.400 €/ao), o cal, nos tempos que corren é moi de agradecer.
Alí, os martes de 8 da mañán a 3 da tarde, J.Luis Rodriguez atenderá ós veciños persoalmente.
Tamén se levará dende alí todo o referente ó GDR (Grupo de Desenvolvemento Rural) do Salnés.
1/10/11
HOXE, CATRO ANOS NO CAMIÑO.
Un día tal como hoxe, douse inicio a este blog da seguinte maneira... http://ondequedavilalonga.blogspot.com/2008/10/si-que-sale-en-el-mapa.html
Quero aclarar que a este blog déralle aloxamento primeiro en blogia, pero pasado arredor dun ano, decidín trasladalo a blogspot co conseguinte traslado dos artigos que considerei oportunos, e tamén algún comentario foi trasladado.
Durante este tempo, tentei ir dando a coñecer un pouquiño a historia do pobo, os seur rinconciños con encanto e ata a súa fauna, xa que como saberedes, estamos incluídos na zona ZEPA http://ondequedavilalonga.blogspot.com/2008/11/lagunas-de-cachadas-y-os-leiros.html o cal non quero que se nos esqueza a ninguén.
Despois de este tempo. . . bueno, dicirvos que si ben os medios e o tempo non sobra, a ilusión non falta, polo que espero seguir outros 4 anos ó pé do cañón, ensinando a quen o desexe que estamos aquí, no mapa, dentro do Salnés, e tamén somos Sanxenxo.
Porque, como alguén dixo unha vez... "un pueblo sin memoria, es un pueblo sin identidad".
Graciñas a todos.
Despois de este tempo. . . bueno, dicirvos que si ben os medios e o tempo non sobra, a ilusión non falta, polo que espero seguir outros 4 anos ó pé do cañón, ensinando a quen o desexe que estamos aquí, no mapa, dentro do Salnés, e tamén somos Sanxenxo.
Porque, como alguén dixo unha vez... "un pueblo sin memoria, es un pueblo sin identidad".
Graciñas a todos.
11/9/11
PARQUE INFANTIL DE LAGAREI
Un día tal como hoxe, fai xa dous anos, pasei por un parque que estaba subindo dunha lagoa nas Cachadas atopándoo neste estado http ://ondequedavilalonga.blogspot.com/2009/07/un-parque-para-as-cobras.html e fai uns días puiden comprobar que segue igual, aínda que o que sí puiden ver e que debe ocuparse algún veciño de "darlle unha pasada" de guadaña de cando en cando (porque non creo que pasaran os do concello), xa que a herba estaba a medio crecer nalgúns sitios.
O banco está mais vello, as árbores medraron (bastante)... pero alguén debe seguir agardando que os nenos entablen conversación coas cobras. De pena.
8/9/11
A PE DE CAMIÑO, BASURA.
E casi en frente dela, reparei no que se está a converter nun vertedoiro, xa que puiden ver que había un chisco de todo. De todo o que un non quere na casa, claro: plásticos, botes de pintura, un cesto de mimbre vello, botellas, ferros, restos de podar árboles, un espello enteiro (non o romperían por aquelo da mala sorte...), cartón e demáis porcadas. Ás veces estas pequenas cousas non custa tanto facelas ben e non dou entendido á xente que fai isto (sintoo si o leen, non vou cambiar de parecer). Non estamos en plena África onde a fame e a sede non lles deixa pensar na estética nin no ambiente nin en nada. Estamos nun dos países que chamamos "civilizados".
Esto é unha porcada, e punto.
31/8/11
FINCA DO TOUREIRO, II
Conta un veciño que na fonte da Torre, fai uns 20 anos, tamén había un pasadizo. Para ir a fonte baixabase todo por unha especie de camiño cuberto cunha viña e logo por uns escalons de pedra, quedando a fonte, tamén debaixo de unha viña, e cunha especie de pequeno cerrado en redondo de pedra, xa que cadraba baixo nivel da terra. Á esquerda había, facendo unha media luna, un banco de pedra e á dereita estaba o picho da fonte cun pequeno recuadro onde caía a auga e un banco mais pequeno. Parécelle lembrar que nun dos lados había tamén un pé de pedra do que unha vez fora unha mesa. No murete do lado dereito, houbo unha virxe nun oco na pedra, e debaixo dela, cunha altura de 1 mt. aproximado, o pasadizo. Dime que nunha ocasión, coa ánsia que dan os 15 anos, meteuse cun amigo por ese pasadizo cunha linterna ata onde o medo puido máis que a curiosidade (uns 50 mts.aprox.), xa que ademáis de estar en mal estado, había que ir de rodillas. Di que na súa casa sempre escoitou que o pasadizo ía a dar á unha nogueira e que por varias zonas de Rouxique había pasadizos que quedaran do tempo dos mouros. Todo esto quedaba dentro da antiga finca do que foi o chamado "Pazo do toureiro".
Dentro da finca, había tamén unha palmeira que estaba diante das escaleiras que ían de maior a menor (empezando por abaixo) ata a entrada do pazo que estaba na primeira planta (tamén ai quen di que debaixo da palmeira había enterrado un mouro...). No baixo estaban as cuadras de animais, ás que para entrar dende a 1ª planta, xa se podía saír por outra escaleira que baixaba por a parte de atrás do pazo, e así non dar un rodeo. De todo isto, puxémonos a facer unha especie de "croquis". PERDOADE A BAIXA CALIDADE.
Asegura él, que cando se desfixo o pazo, parte do vecindario quedouse con antigos mosquetons que estaban aínda dentro, levaron tamén a virxe da fonte, moita da pedra... e desapareceu tamén unha enorme lagareta, que estaba nun caseto a un lado do pazo.
Cara a parte de atrás (do que se ve aínda o sitio onde houbo un portalón http://ondequedavilalonga.blogspot.com/2010/11/finca-do-toreiro-i.html ) estaba un camiño que ó outro lado tiña unha finca tamén do pazo, onde corrían os toros e se supón, practicaba o toreo o dono do pazo. A ese lado habíatamén un cruceiro (que alí segue).
Cara a parte de atrás (do que se ve aínda o sitio onde houbo un portalón http://ondequedavilalonga.blogspot.com/2010/11/finca-do-toreiro-i.html ) estaba un camiño que ó outro lado tiña unha finca tamén do pazo, onde corrían os toros e se supón, practicaba o toreo o dono do pazo. A ese lado habíatamén un cruceiro (que alí segue).
Todo o que queda daquel pazo hoxe, son as paredes maltreitas, o cruceiro, e o piorno que foi trasladado de sitio e pode verse dende a carretera (aínda que cuberto de silvas).
¡ O que disfrutaría eu hoxe!, podendo ir ver algo semellante do pasado do noso pobo: pazo, pasadizos, mosquetons e demáis... 30/8/11
¡ A VOLTA CICLISTA A ESPAÑA !
Por un anaco de Vilalonga, pasará o xoves a Volta Ciclista a España, que virían de Combarro, pasarían por Raxó, Areas, Nanín e o Vinquiño, para chegar á rotonda diante do Bar Stop, e deseguida collerían para Cambados ó longo da PO-550.
Calculan que pasarían ó redor das 5 da tarde,polo que todos aqueles que desexen ver o seu paso, que lembren estar vixiantes dende unha hora antes, diría eu... e con este tempo...
A min vaime ser imposible... Igual se anima alguén a tomar unha fotografía do momento e remitila para ser engadida aquí no blog do pobo.
¡ Saudiños !.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)





