VILALONGA EXISTE, SAE NO MAPA cos seus 5,3km2 e 3096 habitantes aproximados. AS RÍAS BAIXAS NON SON SANXENXO SOAMENTE, E SANXENXO ... NON É SÓ 1 KM ARREDOR DO CONCELLO.
24/12/09
21/12/09
AMPLIASE O COLEXIO

Dado o frío que fai, antoxouseme baixar a tomar un café ó Bar Salnés. Alí me comenta un coñecido que o Conselleiro de Educación, Xesús Vázquez, asegura que se empezará a ampliar o colexio de Vilalonga para fináis de 2010. O home asegura que no próximo Nadal estará todo en marcha, pois xa van de inmediato a porse a estudiar o tema, que según conta, serán 6 unidades de educación infantil e 12 para primaria, para unha capacidade de 300 rapaces. Eu, como sempre fago en temas de política "lo dudo, lo dudo", máis que nada porque o proxecto son tres millons de euros (¡bah, calderilla!), e según xa lera eu en algún sitio, se lin ben, o dispoñible para estas cousas son 100000€ (vexamos de onde recortan para cubrir o resto). Imaxino que a nosa valente e dedicada alcaldesa, dado que todo o ten que facer pensando no pobo que a puxo ahí... estará a facer a maior "palanca" que poida no asunto para que o tema vaia a algures. Mais que nada, porque para "proxectos interruptus" xa temos en Vilalonga a puñados, empezando por a "hipermegamencioada" Telleira, e a gardería.
A decir verdade, ó colexio faille falta un repaso profundo. Parece máis unhas moi antigas "casas baratas", que se dice, que un centro educativo. Con ese aspecto pésimo, decadente, suxo... parece que ata quitará as ganas de ir.
Espero que polo menos, teñan a calefacción ben regulada estos días, os pobres.
26/11/09
PENOSA CONSTRUCCION
Amigos, veño agora a comentarvos con firme convencemento: Que algunhas constructoras merecen ir a pique... o problema e que non van a pique algunhas que deberían. Ven todo isto a que, con coñecemento do asunto, un dos edificios de Vilalonga aínda non cumpreu os 10 anos, e ten defectos de construcción por todos os lados. Que é moi bonito cobrar ben cobrado o piso, e poñer na memoria maravillas pero logo non cumplir. Falo da constructora AGUIN MAGDALENA S.L. que ten construídos en Vilalonga, penso que son 3 edificios, e en dous deles, constame que fixo o que quixo. A cuestión é que a comunidade de un deses edificios teno denunciado por humidades en distintos pisos, e aínda teñen a indecencia de ir pasando do tema, sabendo que perderon o xuicio, e teñen que achantar. Son defectos que claman ao ceo, a pedra sen protexer (ese barniz que evita que saia o verdello), a antena non permite Canal Satélite, as cornisas interiores sin poñer, os cheiros de cociña a cociña por os extractores das campanas,... e varios, que viñan na memoria ou se presupoñen, e non as fixeron. Concretamente, déixovos as fotografías de un dos áticos, que leva metendo auga dende o primeiro ano, e cando o tema parece amañado, volve pasar o mesmo.
¿Vos credes que un edificio que non tén 10 anos, pode ter o Velux así?, ¿pode filtrar por os arredores da madeira na parede e da madeira e o cristal, desta maneira?. ¿Qué barniz levou a madeira para estar así?. Limpábanse as canles pensando que influía, e seguía metendo auga, agora vaise subir ao tellado, con persoal independente á constructora, por pura desesperación.
¿Alguén sabe con qué pintaron, para que a pintura, aínda que pintas e repintas, e despégase ata o cemento, incluso lixando antes, e botando Aquaplast?. Os bordillos dos aleróns son tan pequenos, que a auga gotea por a parede abaixo, e claro, como non ten o barniz, vai deixando regueiros de verdín (e negrín) por todos os costados, e parece que o edif. ten 20 anos. As baixantes son tan estreitas que en canto caen unhas follas e tal e cal atáscanse e rezuman a auga de volta para arriba, e para máis coña bananeira, non teñen rede para evitar que entre de todo por as baixantes, como palomas mortas, plumas e demáis. Digo eu, que o mínimo e unha rede. Alguns veciños, puxéronlle remedio eles. Os rodapiés e algunhas baldosas caían soas (dan fé de canto invertiron en cemento), e os esmaltes do garaxe deberon compralos nun chino, porque aos cinco anos xa estaban tan borrados que parecía un almacén. O esmalte da porta do garaxe, caía ¡coas unllas!. Na entrada do edificio nin enchufe puxeron, polo que as da limpeza non teñen onde tomar corrente para o aparello de pulir o chan (porque tiñades que ver como está o chan). E a pintura era tan mala, que despois de dous meses hubo que pintar todo o piso, porque dou a casualidade que se foi a limpar cun pano mollado en auga unha manchiña na parede... ¡¡ e quedaba a pintura toda no pano !!.
Dende aquí aviso, coa man no peito, a quen esté con intención de invertir, que mire ben que o constructor NON É AGUIN MAGDALENA S.L., de Aios, porque esto é, seguramente o que lle espera (quen o fai mal, e encima ignora as queixas, non pode ser trigo limpo). Igual o que ai que facer e mandar vir a Farruco e que saia o nome da constructora na TVG, polo menos.
17/11/09
DADA DE ALTA
Amigos blogueiros, tras unha pequena intervención quirúrxica, aquí estou de volta para volver dialogar, deste xeito peculiar dos blogs, con todos vos. Perdoade a tardanza. Póñome ó día durante a tarde, nun paseíño, que seguro que algo pasou durante este mes fora de combate.
16/10/09
A TOXA E O TURISMO

Aquí vos deixo unha nova imaxe, pero e da Illa da Toxa e non de Vilalonga, (excuse me, please!).
Por certo, ¿sabíades que antes á Illa da Toxa só se iba para abandoar os animáis que estaban enfermos sen cura, para que morreran alí?. Cóntase que o funcionamento turístico da Illa comezou arredor do 1910 porque un burro cheo da tiña foi abandoado na Toxa. Pasados uns meses alguén volveu topar co burro, e non só o veu vivo “e coceando”, senón que lle sanara a tiña e todas as feridas desapareceran. Empezouse a atribuír o sucedido ó lodo e pronto empezaron a usalo as persoas e acabaron por vir persoas da época de certa catergoría. Así comezou todo.
13/10/09
AFORTUNADA NA CRISIS

Dunha semana para aquí, chegoume ás orellas de xente que aprecio, como andan os choios no Salnés. Algúns son coñecidos, e outros amigos de anos, pero a cada un cunha situación que escalda. Na empresa dun deles, reúnenos a todos, é explícanlles sen rodeos que no sucesivo, todos e cada un deles van cobrar 50€ mensuales menos, eso sí, na nómina van figurar igual. O mesmo caso pasa noutra empresa de outro sector, só que serán 200 euros cada un (pa rillar a quen se che poña diante). A un colega, xa lle meteron 2 calotes, un de 10000€, outro de 60000€, e está na decisión de pechar a empresa, despois de anos e anos de duro traballo, e non sabe como vai pagar a liquidación dos empregados. Eso sí, o que lle deu o calote dos 10000€, paséase por ahí no seu A6 recén compradiño do trinque, como que tamén dan ganas de riñalo (ou colgalo). Outros dous, empregados noutra empresa, levan 4 meses sen cobrar... pero os xefes non se privan das súas ceniñas de fin de semana... E digo eu:
¡¡ Que venenosos que somos !!. ¡¡ Que pouco valemos!!. Xa non se espera solidaridade, xa se sabe que en cuestión de cartos o que se aplica é... o sálvese quen poida, pero... ¿porqué sempre nos "goden" ós mesmos?. ¿Que é da máis elemental decencia?. Eu poño os empleados a comer guisos todo o mes... e non se me da por pasarlles por os dentes o meu novo Audi, brillante e impecable... non me vou de cea a onde todo o mundo vai ver que non estou tomando uns pinchos de tortilla... tampouco espero que declaren en nómina máis do que lle estou dando...
Entendo que os tempos están malos, que ai que arrimar un chisco o hombreiro... poida que ata entenda que se deixen de cobrar as horas extras ou as dietas unha tempada, pero de ahí a baixarche o soldo, que xa non son gran cousa por estos lares... Entendo, por desgraza, que cada un se preocupa de si mismo e tanto lle ten se o veciño de abaixo este mes come arroz branco con xudías ata o día 30... pero de ahí a rirse da xente, de regodearse en aquilo de: Crisis sí, pero a miña non é como a túa, eu son xefe, e teño que ter unha imaxe... e aprobeito o momento que é, que non tedes onde ir, para aproveitarvos o súor ata que non quede nin o cheiro.
Non sei, ai cousas que me encenden, que me asquean, que me reviran e me parecen rastreiras, danme a gana de soltar algunha indirecta diante dalgún...
A cuestión é... que tampouco creo en remedios milagrosos, e si son sinceira, non creo que ningún partido nos vaia quitar na que estamos... e saes do Salnés... e ves que a cousa é peor do que vemos aquí, por moito que nos queixemos. Na miña última visita ao hospital, fai uns días, cadrou que a sala de espera, daba á porta de Cáritas, de pé, mirando por a ventana, (por non mirar o retraso no reloxo cada 5 mints), contei, en menos de media hora, 11 persoas na cola. A certa hora abren a porta, e cada un fóronlle dando unha bolsa con pasta, ou arroz ou latas... e outra con útiles de aseo, viase ven nas bolsas... E a min entroume un escalofrío. Dende logo é mellor pedir que roubar... pero non puiden verme naquel lugar...
De repente fun consciente, que aínda que andamos máis xustos... aínda non voto contas do que compro cando vou ó supermercado, e no medio da crisis, non me queda outra que asumir que... vaia... como que eu non podo queixarme moito, como que... son afortunada... DE MOMENTO.
MERCADILLO EN VILALONGA
Hoxe, finalmente, estrenouse o mercadillo en Vilalonga que xa llevaba meses solicitado (eu mesma firmei a folla que se paseou por todo o pobo).
Para ser o primeiro día, de xente non estivo mal, supoño que máis por curiosidade que por ganas de comprar (xa estamos a mediados e os bolsillos xa afloxaron), pero non estivo mal de todo. Evidentemente fíxose un pelín soso, claro, eran pouquiños postos e eso nótase cando estás acostumada a pasar por o do Grove ou o de Barro, pero ai que recoñecer que aparte de roupa e zapatos houbo ata un posto de froita, outro de prantas e outro de chourizos. Ademáis, topei cun cámara da TVG a grabar...
SEN EMBARGO, o que máis me chamou a atención durante a mañá, foi notar xa na entrada (eran as 10.30hs.) 2 coches da Policía Local e tamén, xa dentro do mercado, unha parella da Garda Civil, paseando entre a xente, ¿esperábase algún follón o primeiro día, ou era só para a primeira posta en escena?. CONSTE, que non me pareceu nada mal... pero resultoume chocante. Parvadas miñas.
2/10/09
UN ENTERRO DE 1951
Sen querer pecar de morbosa (nada máis lonxe da intención), e a risco de que a algúns lles parezca algo tétrico... aquí vos deixo unha imaxe (non moi nítida) do enterro dun xogador do Vilalonga Clube de Futbol no ano 1951. Chamábase Garrido e morrera nun accidente laboral nunha das fábricas cerámicas da zona.
COMO SEMPRE, TICAR ENRIBA PARA AMPLIAR A IMAXE...
Suscribirse a:
Entradas (Atom)