13/1/10

INCENDIO ROUXIQUE

Na tarde de onte produciuse un incendio nun domicilio da zona de Rouxique, no que tuveron que intervir os bombeiros.
Según indicaron unha vez sofocado o incendio, iniciouse por mor do tubo de metal que tiña a cheminea, que non estaba ben instalado e fixo que ao longo de tempo se acumulara certa cantidade de restos de leña que acabou por arder.
Para resolver o problema víronse na obriga de romper algunhas baldosas, para que o lume puidera saír por algún lado.

12/1/10

CHEIROS E PLANTAS


Esta maña tocaba médico, e con todo o que chovía (vaia tempada levamos), alá me fun. Ao volver, (fai unha hora) parei a facer certa compra en certo local do pobo. Xa non chovía, incluso saíra unha raiola de sol, e un rapaz duns 16 ou 18, da proxima xeración do pobo, fumaba na porta, tranquilamente, e ó pasar notei o cheiro "peculiar" do que estaba fumando. Tendo en conta que unha vez vin a un meténdose unha raia nun aseo da zona, non podo por máis que pensar, e decíndoo de xeito "light" que por desgraza na zona, como en outros sitios, a droga, dura e branda, tamén está bastante en circulación. En fin, o certo é que o detalle tróuxome á mente unha anécdota do verán.
Un venres bastante soleado, despois de almorzar, dérame por aproveitar e tirarme na terraza a tomar o sol co meu minibikini e lucirlle o meu "corpo serrano" ós paxaros (xa que o edificio de enfrente é máis baixo). Pasado un tempo erguérame coa idea de ir preparando a comida e ó facelo, vira na terraza de enfrente como un veciño coidaba das plantas. Revisaba as follas unha a unha, delicadamente, regábaas, achegaba o nariz de cando en cando... e sentírame fatal. Ás veces faste unha idea dunha persona sen coñecela (mea culpa) e eu, sempre pensara para min que ese veciño era un badanas, e resulta que amaba as plantas, coma mín, que sempre traio plantas e flores silvestres para ver si prenden nas xardiñeiras....  O caso é que horas despois de comer, lembrara que tiña que baixar a recoller algo nun comercio. Duchárame, vestírame... e xa saía por a porta cando lembrei que non puxera as lentillas (na casa teño por costume descansar a vista e non as poño), así que volvera sobre os méus pes ó cuarto, puxéraas, e o xirar diante da ventá para volver a irme, a miña mirada caíra sen pretendelo na terraza de enfrente para acabar soltando unha tremenda gargallada para min sóa, divertida: As plantas que tanto mimara o meu veciño... ERAN DE MARIHUANA.

2/1/10

A XUVENTUDE DE VILALONGA

Curioseando por youtube, doume por poñer Vilalonga, para ver si había algo do pobo, e, atopei un pouco de todo, do equipo de fubol, dalquen que estivo de visita... pero curiosamente, o que me chamou máis a atención (case que escalda decilo), foi este video que vos deixo da nosa xuventude, na zona dos Leiros. ¡¡ Ai que ver o que cambiaron os tempos!!, ¿onde quedou a Gachadela?... Con esto pasan o tempo libre. Aínda me rin un pouco.


31/12/09

FELICES FESTAS

Entre as cousas máis sinxelas e cotidianas, agóchanse un milleiro de pingas de felicidade: abre as mans e deixa que se che enchan de soños.


¡ QUE TEÑADES UN 2010 MOI FELIZ !!

28/12/09

SILVEIRAS A TUTIPLEN

Hoxe apenas saeu o sol, pero non fai tanto frío. Non é que preste saír a pasear, con tanta auga, pero claro, a nevera ai que enchela, así que alá me fun ó Mercadona. Curiosamente fixeime nesta imaxe ao pasar... así, de súpeto, e doume por preguntarme, porque se deixou chegar a este extremo, xa que ata onde teño entendido, a máquina do concello limpa de cando en cando os beirales. ¿Que tén este de especial que sufríu a "discriminación" de non ser incluído na lista?. Dende logo non é que sexa un camiño, e os coches pasan, pero é un dos pouquísimos sítios de Vilalonga onde se pode aparcar tranquilamente. Agora mesmo, en cambio, os coches procuran non achegarse demasiado o muro (que é da casa rural,http://ondequedavilalonga.blogspot.com/2009/02/casa-sineiro-tr.html ) , para non raiar a pintura, que non están os tempos para levar o coche ó taller. Deste xeito, ás veces non se pasa, e a cuestión é que aparte dun camiño, cara atrás está un garaxe. Se cadra, existe algún motivo en concreto que impide ao concello "pasarlle a cuchilla" a todo o muro, e se o ai quixera coñecelo. Ademáis, de seguro que está todo cheo de bechocos de todo tipo, e no verán se cadra houbo ata sérpes (e todo tipo de basura que o vento e as mans pouco cívicas levaron cara alí).
Non é que sexa unha cousa tremenda, pero paréceme unha desas pequenas cousas que se podían ter a punto por Vilalonga, con moi pouco esforzo... ¡que diaños!, a todo o mundo lle gusta ver os sitios, as casas, as aceras... os pobos, pulcros e coidados. As silveiras a tutiplen, tamén están ben... no monte (e ata certo punto).

26/12/09

INCENDIO EN VILAR

Arredor das 14hs. produciuse un pequeno incendio nunha cociña dun piso de Piedras, o constructor, frente a xoiería e antes da de Nieves. Dito incendio foi prácticamente sofocado pola Policía Local antes da chegada dos Bombeiros. Dase a circunstancia que o piso estaba alquilado. Os danos seica foron pequenos e víctima non houbo ningunha.
A anécdota:
Conta un dos "miróns", que na rúa estaba o propio Piedras, ó que se lle oeu dicir: - Ay... se arde, xa o pagará o seguro.

21/12/09

AMPLIASE O COLEXIO


Dado o frío que fai, antoxouseme baixar a tomar un café ó Bar Salnés. Alí me comenta un coñecido que o Conselleiro de Educación, Xesús Vázquez, asegura que se empezará a ampliar o colexio de Vilalonga para fináis de 2010. O home asegura que no próximo Nadal estará todo en marcha, pois xa van de inmediato a porse a estudiar o tema, que según conta, serán 6 unidades de educación infantil e 12 para primaria, para unha capacidade de 300 rapaces. Eu, como sempre fago en temas de política "lo dudo, lo dudo", máis que nada porque o proxecto son tres millons de euros (¡bah, calderilla!), e según xa lera eu en algún sitio, se lin ben, o dispoñible para estas cousas son 100000€ (vexamos de onde recortan para cubrir o resto). Imaxino que a nosa valente e dedicada alcaldesa, dado que todo o ten que facer pensando no pobo que a puxo ahí... estará a facer a maior "palanca" que poida no asunto para que o tema vaia a algures. Mais que nada, porque para "proxectos interruptus" xa temos en Vilalonga a puñados, empezando por a "hipermegamencioada" Telleira, e a gardería.
A decir verdade, ó colexio faille falta un repaso profundo. Parece máis unhas moi antigas "casas baratas", que se dice, que un centro educativo. Con ese aspecto pésimo, decadente, suxo... parece que ata quitará as ganas de ir.
Espero que polo menos, teñan a calefacción ben regulada estos días, os pobres.