12/1/10

CHEIROS E PLANTAS


Esta maña tocaba médico, e con todo o que chovía (vaia tempada levamos), alá me fun. Ao volver, (fai unha hora) parei a facer certa compra en certo local do pobo. Xa non chovía, incluso saíra unha raiola de sol, e un rapaz duns 16 ou 18, da proxima xeración do pobo, fumaba na porta, tranquilamente, e ó pasar notei o cheiro "peculiar" do que estaba fumando. Tendo en conta que unha vez vin a un meténdose unha raia nun aseo da zona, non podo por máis que pensar, e decíndoo de xeito "light" que por desgraza na zona, como en outros sitios, a droga, dura e branda, tamén está bastante en circulación. En fin, o certo é que o detalle tróuxome á mente unha anécdota do verán.
Un venres bastante soleado, despois de almorzar, dérame por aproveitar e tirarme na terraza a tomar o sol co meu minibikini e lucirlle o meu "corpo serrano" ós paxaros (xa que o edificio de enfrente é máis baixo). Pasado un tempo erguérame coa idea de ir preparando a comida e ó facelo, vira na terraza de enfrente como un veciño coidaba das plantas. Revisaba as follas unha a unha, delicadamente, regábaas, achegaba o nariz de cando en cando... e sentírame fatal. Ás veces faste unha idea dunha persona sen coñecela (mea culpa) e eu, sempre pensara para min que ese veciño era un badanas, e resulta que amaba as plantas, coma mín, que sempre traio plantas e flores silvestres para ver si prenden nas xardiñeiras....  O caso é que horas despois de comer, lembrara que tiña que baixar a recoller algo nun comercio. Duchárame, vestírame... e xa saía por a porta cando lembrei que non puxera as lentillas (na casa teño por costume descansar a vista e non as poño), así que volvera sobre os méus pes ó cuarto, puxéraas, e o xirar diante da ventá para volver a irme, a miña mirada caíra sen pretendelo na terraza de enfrente para acabar soltando unha tremenda gargallada para min sóa, divertida: As plantas que tanto mimara o meu veciño... ERAN DE MARIHUANA.

7 comentarios:

iris dijo...

jajajaj, pasouche como o anuncio das gafas que con elas postas ben a pierce brosman pero cando as quita a dependenta ponselle unha cara que nin pa que.

LED ZEPPELIN dijo...

Si cando truxeron para Gaicicia os eucaliptos para sementar en todolos nosos recunchos tiveran sementado marihuana canto máis felices seríamos e cantas risas teríamos votado.

vilagonde dijo...

home zeppelin, eu nunca a probei, non che podo decir, por iso non opino; eso sí. Nada en EXCESO e bo.

LED ZEPPELIN dijo...

Peor droga é o estramonio e anda a miles nas leiras abandoadas.

Saudos

sandra dijo...

Si foran xeranios seguro que non os coidaba con tanto esmero, jejejejej.
Aínda que non son consumidora, nin siquera fumadora, estou dacordo con LEd Zeppelin, algo que recomendan para "soportar" a dor nos cancros de mama tanpouco pode ser tan tóxico, non?.
Unha aperta!

Nacho Velón dijo...

Menos hipocresía con las drogas...
ningún problema para comprar a un camello la droga que sea, pero tener un par de plantas de maría para consumo propio,resulta ser un grave delito.
Yo si he fumado marihuana, y no tengo reparo en decirlo (el consumo no es ilegal, lo es el tráfico)
Lo dicho, alcohol, tabaco, drogas de diseño, etc. pero cultivar un par de plantas, superperseguido por las fuerzas del orden (no vaya a ser que protesten los camellos por competencia ilegal
jajajajajaj

Vilagonde dijo...

Haber, eu non digo que sea malo nin bo, so que cando algún abusa, nótase. E Zeppelin, non che sabía eu que era tan facil o tema do estramonio, vou buscar unha foto por Google para distinguilo, non está de máis...
Sandra, sí que sei que está a maría de uso terapéutico, por suposto.
E Nacho, Nacho...Está ben que defendas o uso de petas... pero daquí a decir que ningún problema por comprar a droga que sea... jejejej...

Ay, que polémica... e pensar que me ofreceron una raína de coca (que non probei nin farta de viño), e nunca me ofreceron un peta...