19/1/10

A SUB ESTACION... DE NOVO


Hoxe lín no xornal que o conselleiro de Economía e Industria vai dignarse a analizar no sitio si se pode chegar a desmontar a subestación eléctrica, despois de tantas queixas veciñais, (demos gracias, por os pequenos milagres). Seica será o día 1 de Febreiro e poderemos, seica, queixarnos a él directamente na Cultural.
Pon tamén a noticia, que dona Cata solitou que no se dera autorización para que a ampliaran en onde está esperando que se acabe desmantelando, e pasando para Nantes.
De novo, sorpréndome como se nota que a vida das personas sempre vai despois do cochino billete, todo o mundo máis preocupado polo custe de desmantelar e trasladar e non por o perigo que corre a xente cunha gasolineira pegada á electricidade, e moito menos polos casos de cancro da zona, que  moita xente asocia dado o número.
Só nos queda esperar unha vez máis que como tantas outras cousas, xa non no pobo, senón en todo o municipio non se quede todo en meras negociacións que non chegan a ningures... pois xa imaxino o principio das mesmas:
- Bueno, ¿por onde empezamos o choio?.
- Homeee... eu propoño que por os langostinos.

3 comentarios:

Anónimo dijo...

con maionesa, por favor!!!! jajajajaja.

Unknown dijo...

vai pasar o de sempre e coma sempre o k espere algo distinto... pois k espere sentado...

vilagonde dijo...

Xa che digo, Alfonso, xa che digo.