14/7/10

UN NIÑO DE PEGA

Velaquí onde foi unha parella de pegas a poñer o seu niño, nun limoeiro. O niño, aquí non se aprecia, pero está feito de vides e alambres. E como unha pelota alargada cun furado por onde entran e saen a traer comida ós pequenos.

13/7/10

A CAPELA DA LANZADA

Aquí, 3 imaxes da Ermita da Lanzada. Bueno, certamente, esta primeira imaxe é das excavacions en 1973, ó outro lado da carretera.
As outras dúas son máis antigas, sen embargo non temos ano, aínda que da última apúntase que pode ser do 54 aproximadamente.
IMAXES CEDIDAS POR FERNÁNDO, A NOVAPONTE.

12/7/10

UNHA ANTIGA TELLEIRA


Velaquí unha xenial imaxe que me fai chegar Fernando, (dono do bar A Nova Ponte), dunha antiga Telleira da Fianteira, ¿será a que está agora "restaurada" e pechada a cal e canto?. Vista por 2 persoas máis, tén toda a apariencia, pero haber si alguén pode aportar algo.
Fernándo, quítome o sombreiro.

10/7/10

SAN CRISTOBAL EN 1969

Aquí vos quedan dúas  imaxes que me mandaron ao meu correo. Trátase da procesión de San Cristobal no ano 1969, pasando por diante do Hotel Delfín Azul, na Lanzada, que, según me indica o remitente, pode ser que durante esa época non fora un hotel, senón un clube de alterne chamado "Blue Shark", (Tiburón Azul). Na terceira imaxe vemos unha panorámica da zona no mesmo ano.

Gracias por esta estupenda aportación, Fernándo-Barradaugas.


7/7/10

OS 200 ANOS DUNHA CEPA DE VIÑO


Uns veciños de Vilalonga posúen esta tremenda cepa de viño, que curiosamente aínda da uvas. E digo curiosamente, porque unha vez preguntados de sobre canto ten a condanada cepa, dinme que cerca dos ¡¡200 anos!!.

26/6/10

NO 1983... E SIN "PARIS-DAKAR"


Como xa imaxinades, hoxe non vai de Vilalonga, pero estas estampas ben valen o espazo.
Aquí vos deixo unhas imaxes que me fixo chegar ó meu correo electrónico, un blogueiro que firma como Fernando.
Trátase, na primeira, do "Paris-Dakar", no ano 1983 (incrible a diferencia notable entre esa imaxe e hoxe en día).
E na segunda imaxe vemos a ponte que está un chisco máis adiante, camiño ó Grove, onde o Bar Nova Ponte, vaia, e, como podedes ver, esta no ano 1963... SEN PALABRAS. Nunca deixará de sorprenderme a velocidade á que vai cambiando o noso mundo no tempo.
A quen mas fixo chegar, mil grazas, son máis que boas.

25/6/10

A ANTIGA FINCA DO TOREIRO


Velaquí o que queda do piorno que antigamente pertencía a un toreiro. Estaba no lugar do chalé que se intúe detrás, sen embargo para facelo chalé, trasladáro a onde  está agora, abandoado e cheo de silvas, e, aínda menos mal que non arrasaron con todo (ai que dar gracias a Deus por os pequenos milagros).

15/6/10

AXUDA: ¿DE QUE PAXARO SE TRATA?


Hoxe topei este bonito paxariño a brincos nun xardín. Pensei que podería ser unha femia de paparoibo, pero non quedei convencida, xa que penso que os peitovermello son menos alongados. ¿Vos que opinades?.