30/10/07

AS LAGOAS DE EPIFANIO CAMPOS



Este fin de semana foi diferente ó habitual. O domingo levanteime con ganas de pasear (igual son as pastillas de Ginseng que estou tomando). O caso é que me puxen o chandal e as miñas novas deportivas e ó acabar de comer funme camiñando por Vilalonga, máis aló dos institutos, ata chegar ás lagoas artificiáis feitas ai tempo por Epifanio nas súas ánsias de atopar máis barro. Para os que non están postos no tema, o dono da nosa fábrica de ladrillo, según din, adicábase a buscar nos arredores (está o lado do mar) as fincas que poideran ter máis, sacaba o que puidera e logo facía un recheo. Claro que algunhas, porque eran súas, ou porque os donos llo permitiron, quedaron en enormes furados. Ata que medioambiente, dise, prohibeulle sacar máis barro e entre a proximidade do mar e a chuvia formáronse unha especia de lagoas que parecen de sempre e que son paso obrigado e de descanso de aves migratorias e outras especies. Tamén podes atopar patos, galiñas de auga (que as dí miña avoa)...muxes enormes.
Pasear por entre esas lagoas fixo que a tarde se me pasara voando. Quitei ó móvil e tirei algunhas fotos. REspirábase quietude e fixo que outro día levo a cámara dixital. Levei algunha pranta para ver si prenden arredor do estanque das carpas, que é unha afición que teño (xa, xa sei que non está moi ben vista).
Atopei que está sinalizado para senderismo, pero eu nunca vin a ninguén. Alguns dos camiños (bastantes) están esquecidos, cheos de silvas e xestas sin control. Alguén tiña que pensar en pedir que se limpara un pouco, que se puxera un pasamanos retirado dos bordes (para non espantar os animáis) e que nos permitiran disfrutar das vistas, do silencio que só interrumpen as aves. Os ecoloxistas non permitirán nada de isto, pero pareceume moi triste o abandono da zona. Incluso xa cerca da marisma, onde ás mariscadoras vixiaban ós posibles furtivos, respirábase esquecemento: bolsas vellas, gamelas que pudren, sacos, botellas, rodas e xoguetes, un colchón, roupa, restos de obra ... ¡Que tempos aqueles en que sendo críos saltábamos dunha especie de trampolín feito sobre un tubo de comunicación das lagóas co mar !!!. ¡ Qué lástima mirar ahora esa "poza" !, colapsada, chea de auga putrefacta, e montons de cousas inauditas flotando por alí.

No hay comentarios: