VILALONGA EXISTE, SAE NO MAPA cos seus 5,3km2 e 3096 habitantes aproximados. AS RÍAS BAIXAS NON SON SANXENXO SOAMENTE, E SANXENXO ... NON É SÓ 1 KM ARREDOR DO CONCELLO.
31/12/09
28/12/09
SILVEIRAS A TUTIPLEN

26/12/09
INCENDIO EN VILAR
24/12/09
21/12/09
AMPLIASE O COLEXIO

26/11/09
PENOSA CONSTRUCCION
17/11/09
DADA DE ALTA
16/10/09
A TOXA E O TURISMO

13/10/09
AFORTUNADA NA CRISIS

MERCADILLO EN VILALONGA
2/10/09
UN ENTERRO DE 1951
30/9/09
MORTE DUN VECIÑO
Aínda que non se sabe nada por fontes oficiáis, coméntase que puido ser un suicidio, e a morte foi lamentada por moitos veciños según se coñecía a noticia.
Dende aquí, quero indicar o meu pesar ás fillas e a súa viuda, ás que coñezo lixeiramente.

ACLARACION
28/9/09
A ALCALDIA RESPONDE
22/9/09
VEXETACION


21/9/09
MIL PERDONS E ALGUN COTILLEO
27/8/09
SAN PEDRO EN 1962
25/8/09
LIBELIÑAS



22/7/09
MAIO 1954. INAUGURACION.
13/7/09
UN PARQUE... PARA AS COBRAS.
Ocórreseme, que si non vai servir para beber animáis, nin bañarse os cans... que o convirtan nun estanque. Alomenos, tería un uso... as plantas ainas nos Leiros, e dicir, que lles saen gratis, e as carpas, ¡e que as regalo eu!!, se por iso é... En resumidas contas, volvendo ós columpios, que eu non esperaría que fose un parque “ultimo modelo” na zona que é, pero para acabar así non sei para qué se molestaron en poñelo.
8/7/09
Vilalonga, A Praza, 1962.
7/7/09
DAS FESTAS DE SAN PEDRO

Según parece á orquesta Panorama esto non é a primeira vez que lles pasa, ó parecer xa lles pasou nunha ocasión en Barrantes e nalgún outro sitio, e según explica este coñecido, non é que normalmente os concellos non dispoñan desa forza eléctrica, senón que a orquesta non leva os xeradores precisos para a cantidade de material eléctrico que levan. (O certo é que a outra anécdota da noite foi que un deles foi buscar un xerador a Cambados, e á volta, multouno Tráfico onde o Eroski). Despois de oír isto, quédome coa idea de que é bastante indecente para unha orquesta que é de renombre, é que enriba, como explica este coñecido, dase de exquisita (polo visto, xamáis acepta un contrato onde non lles toque o turno das horas que máis xente soe haber na festa). Seica é unha orquesta bastante esixente, que eses cobran, que veñen a tiro fixo, que non se pillan os dedos, e eu supoño que alguén que esixe, tamén ten que dárse a valer, e a parte de cantar/tocar ben, terán que ser responsables do seu propio funcionamento sen tacha... e van e quedan como o cú (esperemos que o contrato contemplara algunha sanción por cousas similares, porque xa ó día seguinte oín queixarse con gana a dúas veciñas). Sae entón a cuestión de porqué o comisión de festas non pediu á outra orquesta que actuaran eles, e xa o faría a Panorama logo, en vez de deixar que se vaciara medio campo de festas ó non haber música, (nin atraccions, xa que estuveron ó final da avda. Vilar, na subida á igrexa). E a resposta dada por este mozo, é que aínda que seguramente a Panorama non ía aceptar semellante “ofensa”, parecía que tampouco había ninguén da comisión por alí. ¿Será posible que non había ningún a comprobar que a festa ía según o previsto ou para resolver os imprevistos???. Eu no meu último traballo, por exemplo, cando tiña unha idea para poñer en práctica, procuraba estar ó tanto, presente, comprobar que a idea estaba en práctica, ver si funcionaba ou non... Non sei, cóstame crelo pero él dí que non notou a presenza de ningún da comisión por a zona. (Por certo que ó final non souben si houbo a barra-bar na festa ou non).
Total, que moito chorar porque a xente non solta un pataco (que non o nego), que o curraron moito, que ían ser unhas festas máis que decentes a pesar da baixada de presuposto... e para o máis esencial, que é vixiar todo o panegírico estreitamente e máis a organización na música, a ningún da comisión se lle ocorreu esixirlle á Panorama que esperaran a cantar despois e que o fixeran os outros antes, antes que permitir a pifiada de deixar á xente cunha puñada nos dentes toda unha hora. Eu xa non entendo nada...
pero o que parece quedar claro é que uns por outros, como dí alguén que coñezo, “o cuciño sen limpar”
30/6/09
DE MAL DE OLLO E CRENZAS

Según conta a familia, fai moito tempo eran na casa tres irmás. Un día, o cruceiro que tiñan fendeu (non lembran con exactitute si foi de abandono, ou por algún golpe), e non fixeron caso del, apartárono a un lado e esqueceron o tema. O caso é que no tempo que fendeu, algunha das irmás estaba no que se dí "de boa esperanza", chegou o día de dar a luz, veu unha nena... e morreu, logo outra irmá, vai dar a luz, nace unha nena... e morre, e o mesmo sucedeu coa terceira irmá. O caso é que , claro, que lle pase a dúas irmás xa lles pareceu moi extraño pero xa que lle pase a unha terceira disparou todas as alarmas. Nun tempo de meigas, maldicións, feitizos, e mal de ollo., comezaron a pensar que algo estaba mal e nunha destas conversas coa xente, alguén lles dixo se non sería por o cruceiro que xa non tiñan. Eles, que non tiñan nada que perder, pensaron que por tentalo...
Daquela os cruceiros íanse buscar a Santa Comba, bendecidos, así que alá se foron por un para poñelo no sitio do que fendera... e, crenza, meigallo, casualidade ou o que fose, o caso é que de alí para diante todo foi normal, as irmás tiveron os seus fillos e nada extrano volveu acontecer.
Hoxe en día xa sabemos que todos creerían que foi casualidade, ou algún veleno usado no traballo na terra, ou ¿que sei eu?, sen embargo, esta menda, que nin cre nin deixa de creer, sempre vai suscribir aquel dito de toda a vida: ... -Habelas ailas...
23/6/09
No porto... Arte e pestilencias.
Despois da visita dame por ir hacia outro lado, por onde as tendas, e diante da tenda de nenos, outro cheiro pestilente que daba noxo, por tanto máis que NORMAL que este ano perdera a bandeira azul do porto con semellante “aroma ambiental”. Total, que viñen aínda máis convencida de que o Concello, como non sean licencias lucrativas, multas, e cuchipandas... ¡ NOITE PECHADA !.
19/6/09
17/6/09
A TELLEIRA, por fin (seica)
A nosa “Cata” dixo que «al fin levantouse o veto que a Consellería de Política Territorial impuxera aos proxectos municipais». Alega que a culpa foi do bipartito, porque apenas pasou un mes do cambio e xa teñen a autorización.
(Perdona, nena, pero a culpa non é deles, nin de ninguén, o que non se poden empezar son casas por o tellado, ai que poñer a base primeiro. O “vulgo” temos que pedir as mesmas licencias e trámites para obrar, esté PP, PSOE, ou maríasantísima. Si un sabe que o que manda non é dos seus ideales, con máis razón, fará as cousiñas ben, e con pes de plomo, antes de invertir, penso).
O que se vai facer agora é desbrozar os arbustos do exterior, nivelar, votar zahorra, poñer un muro de contención na parte de atrás, preparar un sistema de drenaje das pluviáis, poñer iluminación, arreglar as goteiras, tirar cos postes da luz de por alí, xa que non se usan, ... e facer todo o que quedou sin facer dentro, claro.
A idea resulta interesante, e xa debezo porque a fagan dunha vez e ir votar un vistazo... pero polo que lin, dona Cata non da aínda ningunha fecha. Imos a ver...
16/6/09
10/6/09
O SEPRONA, ¿como as petunias?.
Polo visto, este tubo, situado na zona dos Leiros e que leva como uns 7 anos a rezumar “zumo de alcantarilla” directamente ao mar, non estivo sempre así. A opinión xeral na zona da Costiña é que a alcantarilla non debía poder asumir nesa zona todo o que se lle mandaba e “alguén” non topou mellor solución que romper que entubar cara o mar.
O caso é, que fai un tempo unha veciña, comentou na caseta de Medio Ambiente, aquí na Avda. Vilar, o tema, e dixéranlle que non era cousa deles. Logo, topándose cos do Seprona, (que tanto pasean por a zona a pillar queimas sin permiso ou mariscadores/pescadores sin permiso), comentoulles sin rodeos o problema, en compaña dalgúns veciños. Enseñáronlle o sítio, e como estaba (e arrecendía), explicoulles que ía directo ao peixe e ás xivas e a o marisco que se colle na zona a cotío, que algo se podería facer, que qué trámite habería que seguir... que algo poderían eles facer, aínda que eles “solo levamos montes e fincas”.
Resposta literal dos axentes do Seprona:
-O que teñen que facer é atorar o tubo, tapalo con cemento, e andando.
-¿¿¿¡¡???
Eu, claro, quedeime mirando a quen mo contaba, sabendo de boa fe que podía dar creto do que me contaba, e non puden por menos que sentir vergonza allea. Digo eu, que si un se mete a vixiar os montes, será porque o medio ambiente lle interesa un chisquiño.
¿Bastaría con escribir ao Concello?, se cadra ai que empezar por ahí. En fin, que sin alguén por acá sabe que trámite habería que seguir, para que alguén lle poña “o tapón” ó tubo, AGRADECERÍASE O MENCIONASE AQUÍ NOS COMENTARIOS, porque está visto que moitas multas, moitos organismos, moitos rollo bananero... para acabar sentindo que realmente o Seprona no medio dos políticos que nos “gobernan” non che son máis cas petúnias nos balcóns: Un adorno.
4/6/09
Nada máis comezar o verán.
29/5/09
RECICLADO DO ACEITE
A idea é tratar de reducir o impacto do producto no sistema de limpeza sanitario, xa que ó parecer o aceite vexetal (xa sabemos que é moi contaminante), é dificil de separar nas plantas onde se depura a auga. Ademáis tamén se reducirán os cheiros nas tuberías.
En principio, o acordo firmouse por un ano, e é prorrogable en cada anualidade salvo que calquera das partes se retire, e asegúranos o concello que non tén ningún coste para os cidadáns, que era o que eu xa daba por sentado, imos ver.
Dende logo, todo o que sea tratar de emporcar menos, sempre será ben recibido pola miña parte... pero agora falta ver cantas de nós nos dignamos baixar o aceite ata o contenedor.
Pola miña parte, xa teño preparada unha garrafa vacía de auga para ir xuntando, PERO, vexamos si teño vontade a longo plazo.
26/5/09
Nas Cachadas... porcallada.
18/5/09
AS FESTAS DE VILALONGA
Este ano, tampouco vai a comisión a explotar a barra de copas no recinto das festas, asignouse a unha terceira persoa para que os da comisión tamén poidan disfrutar das celebracions.
Digo eu que cos aires que corren está ben gastar menos nas festas, mal que nos pese, aínda que recoñezo o meu respeto por a moral desta xente. Eu mesma sei con detalle as veces que a xente atopa 30 excusas para non dar un peso, pero as festas quérenas. Tamén recollezo que aquí só pediron un ano, imaxino que porque ate agora traballei sempre e non me toparon na casa. Menos mal que tampouco baixo á festa, a ningunha, creo que a última festa que pisei foi á da Lanzada ai 3 anos. Algún da comisión me ten contado anécdotas, como cando foron á casa duns veciños a pedir, timbraron porque os viran entrar de lonxe. Insistiron porque sabían que estaban dentro, pero os de dentro caladiños e quietos e non abriron a porta, nin para arrear 10 €, (suponse que axexaron por a ventá ou a mirilla). Eso sí, logo, foron dos primeiros en presentarse nas festas o primeiro día, o ano pasado. E... ¡ que cousas !, eran dos máis afortunados ... pero tamén parece que moi devotos da Santa Virxe da Billeteira.
11/5/09
NA CRISIS... NEGREIROS.

Fai uns días lía na Publicación trimestral TRANSPORTE A FONDO do APETAMCOR (Asoc.Empresarial de Transporte de Mercadorías por Estrada de Galicia) que por culpa da profunda crisis, moitas empresas do sector que ata fai pouco eran solventes, están en serios problemas (nada novo), que o 50% da flota está parada (tampouco é novidade), que os bancos meteron na alforxa os ceros á esquerda que Zapatero cedera para axudar ás pemes (¿e qué esperaban dun banco?), que a situación empeora cada vez máis, que cada vez ai máis morosos... Que por iso se ían negociar cos Ministerios unha especie de axudas para ir paliando no que se poida, por exemplo, legalizar multas para as empresas que traballen por debaixo de costes, prohibir os pagos a máis de 30 días, esixir a os bancos que refinancien os leasing...
Tamén decían que ante tal perspectiva, os transportistas centrábanse sobre todo en manter o negocio “a toda costa”(*), por precario que sexa, para aguantar en vez de acabar co peche.
Do que non lin nada e das empresas que aproveitan a máis que mentada crisis para EXPRIMIR aos empregados como si foran pomelos, e en meses teñen creado un ambiente irrespirable a base de meterlles medo co peche. Do que non deben saber na revista, é dos que aproveitan para sacar máis suor, á conta do medo, aumentando ás horas laborales e atosigándoos con frases do tipo: “Ai que zurrarlle máis que aínda da tempo a outro viaxe!.
E imos ver, ¡ollo!, que eu estou dacordo en arrimar todos o ombreiro e tratar de avanzar, vale que se fagan certas concesións no momento que é. Pero o que me parece indigno é volverse tan trasno como para que o chófer vote 14 hs, e aínda lles parezca pouco e os tilden de palanquíns.
Porque casualmente, dunha empresa de preto, e da que coñezo o suficiente por dous dos empregados, dende enero xa oín de todo. Vale, ó mellor, no momento que é, que non viron os 400€ de Zapatero, ou que a fin de mes sexan 1000€, vale que non teñan vacacions (nin pagas nin disfrutadas, xa nunca as tuveron), vale que non se paguen horas extras... pero que enriba che deixen caer sutilmente que “si hoxe non paras a comer ou colles un bocadillo, tampouco morres a danos para facer todo hoxe” (aquí valga a expresión do principio(*)), pero o que me parece vil, e de negreiros, e armar un pifostio porque un baixou a comprar un botellín de auga. Bueno e o de deixar caer que igual ai que rebaixar 100 € a cada un para ir tirando, xa me parece burla en toda a regla, cando saben que están por ahí tantas horas. Digo eu, que nadie espera que lles dean as gracias, pero o mínimo, é ter educación con eles. Porque estes contan a qué hora pechou o disco, e non teñen problema en decirche que xa descansaste duas horas en tal sitio, cando a máquina que cargaba se estropeou. ¡Vaia, e os empregados non dormen, entón!!.
Na miña modesta opinión, o que pasa é que como todos sabemos que agora mesmo non ai donde ir, exprimen e apretan porque o que máis o que menos algún crédito tén, e caen tan baixo que en vez de votar un, andan a torealos todos, por ver quen se farta e se vai, e encima lles deixa atrás para papar eles, a liquidación. Non importa que o empregado estivera ahí a pé de canón anos, nin as concesións, nin nada, o que importa e o porco papel timbrado, e a dignidade da xente pásana por onde a espalda perde o nome. Coma NEGREIROS, como EN ETIOPÍA nos peores tempos...
Se cadra son eu DEMASIADO IDEALISTA, pero non concibo atopar un amigo un domingo ó mediodía e que en vez de concentrarse no pincho e no vermú que lle ofrezo no salón da miña casa, como dende ai tempo, e en votarnos unha risas, que esté como distante e que cando lle pregunte si está ben, me diga como onte, que: “Joder, mañán xa é lunes...”, e velo amargado cos seus 30 anos.
Alguén debía de pegarlle no portal a esta xentiña que a ESCRAVITUDE FOI ABOLIDA ALÁ POLOS ANOS 1800, e ai que saber ter un punto medio en tódalas circunstancias...
Que eles van morrer igual ca todos, e teño entendido que San Pedro, non é sobornable.
4/5/09
OS PIORNOS

O piorno, (mostrado aquí nunha fotografía de J.J.Fernández Morgado) é do máis típico de Galicia. Unha construcción complementaria sempre das antigas vivendas ruráis e que se segue a utilizar no día de hoxe, tanto para o seu uso inicial como xa en modo decorativo. En principio foi pensado para garda-lo millo, cereáis, e o seu secado, cun sistema de pequenas rendixas que garanten o secado e ventilado do que ai dentro e ó mesmo tempo evitan os ratos. Foi base elemental da alimentación galega durante séculos. Ai diversas ideas acerca da orixe, pero o máis seguro é que xurdiran na época dos castrexos como almacén e/ou secadoiro das espigas de millo. Se cadra iniciouse con algún cabazo pendurado do teito... As primeiras informacións que se teñen dos piornos son de autores romanos (¡no S.I a.de Cristo!), e describen unha forma moi parecida. Debuxados, vense por primeira vez nas Cantigas de Santa María (Alfonso X, O Sabio), alá polo S. XIII.
Están feitos en diversos tamaños e capacidade, e normalmente de pedra (algúns son todo un arte na pedra) e madeira, e tella, (aínda que xa vin algún feito de bloque) e acostuman estar decorados con cruces, un Agnus dei, reloxio de sol, e/ou pináculos. O máis habitual é velos pousados sobre pes de pedra e con base, pero ás veces teñen embaixo unha especie de cámara pechada á que dan outros usos. Acostuman situarse en lugares por onde corra ben o aire. Non sei se é o máis longo de Galicia, pero debe ser dos máis longos, un que ai en Celeiro que conta con 37,30 m de longo por 2,40 m de ancho. (Non tiña gran nin nada o que o mandou facer)...
Dame moita mágoa que se vaia perdendo interese por estas cousas que son as bases de como viñemos dar á nosa cultura, piornos, muiños, fontes, cruceiros, inclusive lendas... e nalgún momento tiña que porme a crear unha especie de galería de todo o que temos separado por nome. Recopilar imaxes dos cruceiros que poida, os piornos que poida, as fontes que poida...
Pois como nunha entrevista dixo o noso artista local Xesús Mendez Padín:
“Las civilizaciones se cimentan en sus mitos.”
30/4/09
A TVG EN VILALONGA

O pasado venres 24 de abril, no programa de tarde da TVG, “Acompañenos”, para a miña sorpresa, a Televisión de Galicia aparece na casa dunha das nosas veciñas, por as imaxes, de Rouxique, para saber porqué deixou o seu país e abandoou todo por amor. Polo que puiden ver a nosa veciña desenvolveuse bastante ben, no salón da sú casa, explicando a súa vida dende coñecer ó seu home, “un vilalonga de pura cepa”, como abandoou todo o que tiña no seu país, e se veu por amor a Galicia. Tamén conta que foi dificil adaptarse porque daquela aquí, non había absolutamente nada.
Para quen non estaba ante o televisor ese día, podédelo ver entrando na páxina www.crtvg.es, e clikando logo TVG logo MAGAZINE logo ACOMPAÑENOS e logo GRAVACIONS.
Para ver o inicio do tema, avanzar ata o minuto 39:30, deixovos o enlace directo para avanzar logo no búfer, pero a mín foime máis rápido empezar pola web da tvg.
Xa ía sendo hora de saír nalgún lado por algo máis que a xestión da alcaldesa, ¿non?.