20/1/09

NA ARNOSA, ROUBOS

FOTO(www.blognacionalistasgalegos.net)
O domingo baixei a coller o Diario de Pontevedra, e aínda que empecei a lelo, por cuestions de saúde non o revisei ben ata onte á noite. Pasando follas chego a unha noticia: ALERTAN DE ROBOS EN EL PANTALÁN DE ARNOSA, VILALONGA. Según parece os mariñeiros que usan este pantalán reuníronse varias veces con Manuel Lores, o concelleiro socialista, para facerlle chegar o seu cabreo por os roubos que se veñen sucedendo os últimos meses, por as noites. O gasóleo, hélices... ou directamente o gusto de facer mal, rompendo os barcos, fai que cada vez estén máis preocupados.
Pero é que como eles mismos dixeron, por aquí a "autoridade" aparece máis ben pouco. Facer pasar os rapaces polo paso de cebra nas saídas escolares non é regular o orde. Aínda que últimamente a Garda Civil vese algo máis por as noites en determinadas zonas, rumoréase que á caza de algo marrón... ou branco.
En fin, que se supón que haberá policía e garda civil suficiente para pasear un pouco por todas as parroquias, e que os vexan... pero polo visto, Manuel Lores xurou que se fai cargo de interceder na Xunta para que se lle poña ó pantalán unha porta para uso exclusivo dos usuarios.
E digo eu, si moitos dos que van por alí ás noites, van romper os barcos... ¿vainos deter unha porta?.
¡¡ QUE DIFÍCIL É FACER BEN AS COUSAS !!.


No hay comentarios: