11/2/09

... COMO AS RANAS

Fai uns días saeu a conto o centro de saúde daquí de Vilalonga. Eu nin entrei aínda, pois teño asignado o de Baltar, pero comentábanme (en ton interrogante) si será posible que se constrúa o centro médico novo dunha puñeteira vez, porque din, que tan pouca xente non haberá, cando agora xa ai que pedir cita, como no de Portonovo, e que ata fai pouco non había nin que che dera as citas. Parece ser que agora ai unha moza para iso. Como dicía, eu nunca entrei, pero levo meses fixándome nas colas frente a gasolineira. Ás veces da vergonza, igual che cadra de pasar antes das 8 da mañá e xa ves a xente na acera esperando imaxino que para ir dos primeiros na cola. O record bateuno un velliño, que se ve que non podía dormir, (ou o chimpara a muller da cama), e unha mañá as 6.45 hs., vímolo a miña parella e eu alí sentado na porta, "¡lo flipas, tío!". (Como dín hoxe os críos).
En fin, según teño entendido, a formalización ante notario dos terreos gratuitos para construir o Centro de Saude, xa se fixo e xa foi aplaudido. En total, aínda que a superficie de uso do centro van ser só uns 560m2, a finca que nos dan (e xa nos sacarán do lombo) ten, creo recordar, e indo a números redondos 4280 e pico m2., e valorouse nuns 360000€ (casi "ná"). Tal como se puxo o tema da construcción, despois de ir "ao tacho" a primeira promotora... quédanos esperar que tal lle vai a Winterra S.A. (sede en SAntiago), ó longo deste ano, estando de por medio un presuposto de máis de 722.000 €. E o prazo ese de antes do verán... (lagarto, lagarto...). Se cadra son eu, que xa estou desmotivada de todo, e non me creo nada en política e da nosa señorísima alcaldesa, menos, (que me debeu quedar trauma da linguaxe que lle oín usar dentro do concello nunha ocasión poñendo verde a alguén).
Repito, en política non me creo nada, e iso que dicía a alcaldesa en novembro de que estaría nuns 8 meses... , digamos que me da no corpo que non é máis que croar e croar... como as ranas

3 comentarios:

LED ZEPPELIN dijo...

Non te demotives que iso é o que buscan. A seguir dando a lata que é o que nos queda.

iris dijo...

A esperar toca, que logo nos dirán que o formigón ten que fraguar ben e por eso se retrasa a obra.

Anónimo dijo...

JA, JA, JA... xa che digo, Iris. Igual coa crisis, trouxeron o formigón de China...