20/2/09

¿QUE PASA COS NEGOCIOS?

Acabo de chegar do Lidl. Non precisaba máis que catro cousas cotidianas de uso e algo para a neveira, pero, por aquelo de que en Vilalonga seguimos sen un supermercado, acerqueime alí... e ó final, sempre veño con algo que non estaba na lista.
A cuestión é que teño falado máis dunha vez coa miña parella do porqué do peche dos que había, e penso que a culpa non a teñen só as grandes superficies, porque penso que todos teñen o seu mercado., (aínda que é verdade que ó ser unha superficie tan grande teñen outras posibilidades que os pequenos non teñen). Estaredes de acordo conmigo, que a xente maior que non ten coche, non vai ata o Carrefour, o Mercadona ou o Lidl a nada, e sen embargo, os supermercados pecharon, quedándonos, o máis parecido o EKOMAX aí na saída hacia Dena.
Despóis está a cuestión do aparcadoiro. Ti saes da casa coa lista na man, chegas ao sítio, e ves que tes que aparcar 30 metros máis arriba ou abaixo... e como que cargar coas bolsas xa non apetece. Ou vas levar o ordenador, e ves que tés que ir cargando coa cpu dende a gasolineira...
O que máis e o que menos está agardando que abran o Eroski alí onde o Bar Blick, que leva mentándose xa ai como un ano porque chegas, aparcas, a 5mts como moito, colles o teu carriño, se podes énchelo ben, saes... e ó maleteiro. ¿Pero qué esperanza de vida poden ter os negocios se tí non tes a opción de aparcar cerca?. Ahí está a pastelería que coas plazas de diante vai contra vento e marea: se non levas pasteles e pan, e senón un café, pero aparcas e vas.
O meollo do asunto é: ¿Por qué pecharon todos?, ¿porqué viñeron negocios novos e foron pechando? (espero que a óptica perdure, que boa falta facía). ¿Pero pechan porque o pobo é pequeño, porque inflúe moito o do aparcadoiro ou pasa algo máis?. Eu recoñezo que ía bastante ó antigo Tandy, pero tamén recoñezo que non fun xamáis a froitería que está máis abaixo, nin á tenda de conxelados que xa cerrou, nin á tenda de informática diante da gasolineira, nin á roupa á de Xulián (pero teño un bó motivo). Fun unha sóa vez a García Padín por un electrodoméstico... De toda Vilalonga, recoñezo que o único que piso de habitual e a Pastelería, algo o Bar Bolleré, a Xoiería de David, e a Librería Vidal. Á gasolineira vou si é unha emerxencia. Por non ir, nin vou a Correos (que por certo, este tema da para outra entrada).
Claro que as grandes superficies teñen ventaxas, como que por rappel poden poñer precios inferiores, ou que ai máis variedade... pero sempre pensei que ai algo máis, que o simple feito de variedade dos centros grandes, de feito, moita xente elixe o Día e non o Carrefour, e a diferencia de variedade e notoria. Cada vez estou máis convencida de algo que a xente non se atreve a dicir en voz alta, pero que, pouco solidarios como somos, eu creo firmemente. Vouno mencionar en tono de pregunta, e vos me diredes: ¿Será que somos tan parvos ou tan desconfiados, ou tan envexosos que nos incomoda que o veciño teña un negocio ou que sepa o que compramos ou deixamos de comprar?.

4 comentarios:

Maxa dijo...

Non creo que sexa o da envexa o caso. Eu penso que moito é o feito que dis de que os locais grandes que teñen máis variedade, pero ás veces creo tamén que á xente como que prefire expandirse un pouco, que no lugar de ir ó super do lado, prefiren dar un pequeno paseo e cambiar de aires. ¿Quen non dixo algunha vez "imos a Pontevedra ó Carrefour" coma unha forma de ir pasear por Pontevedra cando en Pontevedra sobran infinidade de cousas que ver? Non tes nin idea da cantidade de xente de O Grove que te atopas ben no Lidl ou no Mercadona. Eu vou moi de vez en cando e sempre a por produtos que sei que non atopo nos supermercados de aquí e xa de paso (coma ti) acabo cargando o carrillo sen limitarme a esa lista supostamente tan extricta que levamos todos sempre tentando convencernos de que non imos mercar nada máis, je je je, ¡que inxenuos somos! Aquí os supers non pechan pero sei de moitas tendas pequenas que pecharon e non era por non vender, senon porque xa non compensaba mantelas abertas: a xente ía ó super e ás tendas pequenas só se ía para mercar o de última hora ou por non desplazarse máis lonxe. Tamén sei de xente que tendo supermercados aquí da mesma empresa se van a Sanxenxo, porque din que alí non lles controlan o que mercan, e o máis gracioso que os hai que pensan que por mercar lonxe (é dicir, dispoñer de coche) implica ser doutra "categoría", je je je, ¡que infantiles!
Non sei, penso que hai unha infinidade de razóns e unha moi distinta para cada caso, pero sí hai algo claro, que se os do propio pobo non se apoian, tampouco van vir os de fóra para facelo.
Unha aperta, Maxa

Anónimo dijo...

Dentro poco cumpliremos 5 años con la nueva tienda, años difíciles por el aumento de grandes cadenas en Sanxenxo.
Probablemente pronto abrirán más, para el conjunto de los vecinos de Sanxenxo es bueno que exista variedad y competencia, también es muy bueno disponer de las mejores enseñas de alimentación a 5 minutos.
Villalonga es un lugar en decadencia comercial y no tiene fácil solución, de momento. Como usuario comercialmente he visto de todo.
En nuestro caso hemos implantado un super que se queda pequeño en verano, pero por la contra, en inverno nos cuesta mucho poder permanecer abiertos y abrimos los domingos y todo, pero es demasiado estresante.
Hemos vivido un profundo cambio en el sector de la alimentación, las grandes cadenas están eliminando el comercio local y al pequeño autónomo, bien sea por precio o por tener de todo.
Para muchos el cambio de la peseta al euro ha sido el comienzo, la entrada de las grandes superficies ofrece puestos de trabajo, pero también los elimina, puesto que sus mercancias salen de sus centros de distribución, eso elimina las demás distribuidoras y los demás autónomos, incluso mucho cadenas han montado su propia imprenta para bajar gastos de los folletos de oferta. En fin, podría estar toda la tarde escribiendo......

Anónimo dijo...

Repito: yo no acabo de tener claro de qué puede ser. Aunque es cierto que el carrefour juega con demasiada ventaja, por tener, tiene hasta telefonía propia.
Y es cierto: Vilalonga para negocios, pura decadencia.
Y, JPF, quien mejor para hablar del tema que alguien metido en el ajo. Como si completas todo un folio en comentario, estupendo.

Anónimo dijo...

Maxa, ahí quería chegar. Si entre os propios veciños non nos botamos unha mán... ¿a quén lle vai importar si todos os negocios van ó tacho?