26/5/09

Nas Cachadas... porcallada.


O sábado, de novo me fun hacia as lagoas, pero xa que o meu amigo blogueiro Zeppelin mentou o proxecto presentado por os veciños para a zona de As Cachadas (o que pretende a alcaldesa que lle paguen os 800€), en vez de tirar cara Os Leiros, tirei cara alí. Como sempre, disfrutei da tranquilidade da zona, da variedade da flora, das rás e os paxaros... bichería. Tirei algunhas fotos, entre elas, dun paxaro que nunca vira e que si non me engano, xulgade na foto, paréceme o Camachuelo común. (A calidade non é moi alá, vou ter que pasarme a unha Nikkon un día destes).

Lástima que tamén descubrín o porquiños que chegamos a ser a bichería de dúas patas (con ver o cartel). Como si hoxe non sobrara onde levar a porcalla que se xunta na vida cotidiá, xustamente temos que ir levala a onde xustamente menos se debe levar nada. Déixovos unhas fotos de mostra.

E digo eu, os de Medio Ambiente, que pasan a miúdo, (eu véxoos), ¿só vixían a quen vai pescar sen permiso, ou moléstanse por ver si algún dos que gustamos de ir a zona levamos algo máis que a moral para pasear?.
A última xa é da zona de Os Leiros, no final, tirando para a REvolta. Rematei a tarde alí.







6 comentarios:

Anónimo dijo...

non é un camachuelo, é un chasco, concretamente un macho de (saxicola torquata) tarabilla común en castelán.

LED ZEPPELIN dijo...

Eu de paxaros non che entendo pero si queres mercar unha cámara recoméndoche a Nikon D40. En automático (é dicir para os que non temos nin idea) é moi boa e con unha resolución magnífica. Polo demáis noraboa outra vez por achegarnos o fermoso que é o noso pobo e polo "desalmados" que podemos chegar a ser (eu incluido) co noso entorno.

VILAGONDE dijo...

Pois haber si me sabe dicir un ecoloxista, porque non sei que distingue a Tarabilla do Camachuelo... non llo noto.
Anónimo, en canto sepa, comento.
ZEPPELIN, gracias por o consello que o apunto sen dúbida, este veran non vai ser, que non están os tempos, pero deixa que empece o novo ano, con algo de sorte...

Vilagonde dijo...

Pois, anónimo, tés razón. E un chasco, unha tarabilla, un cagaestacas.

Vilagonde dijo...

Distínguense porque a Tarabilla tén máis largo de cor negro dende a cabeza ca o Camachuelo.

Xesús dijo...

Sen ánimo de contrarialo noso amigo Zeppelin. Eu teño unha Pentax K100 (415€) é unha reflex dixital moi axustadiña de prezo,pero mais versatil ca nikon D40 e os lentes son mais baratos, sen perder calidade.
saudos
http://www.dzoom.org.es/precio-camara-digital-10897-Pentax-K100D.html