17/6/09

A TELLEIRA, por fin (seica)

ESPERO ENCARECIDAMENTE, que a próxima vez que mencione este tema, sexa para contarvos a miña visita ó museo, porque, xa empeza a aburrir o tema.
POR FIN, seica se desbloquea o tema da Telleira. O concello xa ten, seica, permiso para seguir coa súa conversión en museo, xa recibiron o visto bueno do Servizo de Inspección do Litoral, que según teño entendido, era o atranco, pois Costas, e o Servizo de Conservación da Natureza xa dixera que sí o ano pasado. (Digo eu que meter tanto carto sen asegurarse antes de cumplir toda a normativa é unha paiasada, pero bueno, corramos un velo ben tupidiño...).
A nosa “Cata” dixo que «al fin levantouse o veto que a Consellería de Política Territorial impuxera aos proxectos municipais». Alega que a culpa foi do bipartito, porque apenas pasou un mes do cambio e xa teñen a autorización.
(Perdona, nena, pero a culpa non é deles, nin de ninguén, o que non se poden empezar son casas por o tellado, ai que poñer a base primeiro. O “vulgo” temos que pedir as mesmas licencias e trámites para obrar, esté PP, PSOE, ou maríasantísima. Si un sabe que o que manda non é dos seus ideales, con máis razón, fará as cousiñas ben, e con pes de plomo, antes de invertir, penso).
O que se vai facer agora é desbrozar os arbustos do exterior, nivelar, votar zahorra, poñer un muro de contención na parte de atrás, preparar un sistema de drenaje das pluviáis, poñer iluminación, arreglar as goteiras, tirar cos postes da luz de por alí, xa que non se usan, ... e facer todo o que quedou sin facer dentro, claro.

A idea resulta interesante, e xa debezo porque a fagan dunha vez e ir votar un vistazo... pero polo que lin, dona Cata non da aínda ningunha fecha. Imos a ver...

3 comentarios:

Atalaya dijo...

Estoy de acuerdo contigo,ya empieza a cansar el tema, pero me temo que no se ha escrito el último capítulo, porque ahora hay que poner el dinero, y a ver donde está. Lo evidente es que se han acabado las excusas, ahora hay un gobierno amigo, pero creo que eso tampoco es garantía de nada. Ojalá me equivoque y tenga que rectificar.

Anónimo dijo...

Que telleira nin que carallo, primeiro garderias, xente que quedou sen traballo e o esta a pasar mal, hai xente que empeza a non ter que comer, pa que serve a telleira? que fagan pan nela.

Vilagonde dijo...

Anónimo, non sea que che dea un jamacuco!!. Claro que fai falta a gardería. Pero xa que invertiron os cartos que abran dunha vez ¿ou votamos a perder todo?. Dentro que fagan pan, tellas, ou papel hixiénico, tanto me ten. Pero que a poñan a andar.
Xa sei que ai xente que está a pasalo mal. Eu tiña peto, e ademáis vou enlazando, pero a xente que non tiña peto, ou xa o terminou...