Pasadas as festas de S. Pedro e falando con un coñecido da miña idade, comentábamos o feito de que a orquesta Panorama quedara parada durante unha hora por o tema de que non lle funcionaba o show, os instrumentos, as plataformas... as luces. Eu non cheguei a baixar á festa, pero sí que o fixo él, polo que se puxo a comentar como estivo o ambiente durante esa hora sen música. A cuestión é que eu estaba convencida que era porque en Vilalonga non tiñamos suficiente potencia eléctrica para toda a parafernalia que trae esa orquesta habitualmente, e cal foi a miña sorpresa, cando este antigo socio e integrante de outra orquesta, espuxo como era realmente o “intríngulis”.
Según parece á orquesta Panorama esto non é a primeira vez que lles pasa, ó parecer xa lles pasou nunha ocasión en Barrantes e nalgún outro sitio, e según explica este coñecido, non é que normalmente os concellos non dispoñan desa forza eléctrica, senón que a orquesta non leva os xeradores precisos para a cantidade de material eléctrico que levan. (O certo é que a outra anécdota da noite foi que un deles foi buscar un xerador a Cambados, e á volta, multouno Tráfico onde o Eroski). Despois de oír isto, quédome coa idea de que é bastante indecente para unha orquesta que é de renombre, é que enriba, como explica este coñecido, dase de exquisita (polo visto, xamáis acepta un contrato onde non lles toque o turno das horas que máis xente soe haber na festa). Seica é unha orquesta bastante esixente, que eses cobran, que veñen a tiro fixo, que non se pillan os dedos, e eu supoño que alguén que esixe, tamén ten que dárse a valer, e a parte de cantar/tocar ben, terán que ser responsables do seu propio funcionamento sen tacha... e van e quedan como o cú (esperemos que o contrato contemplara algunha sanción por cousas similares, porque xa ó día seguinte oín queixarse con gana a dúas veciñas). Sae entón a cuestión de porqué o comisión de festas non pediu á outra orquesta que actuaran eles, e xa o faría a Panorama logo, en vez de deixar que se vaciara medio campo de festas ó non haber música, (nin atraccions, xa que estuveron ó final da avda. Vilar, na subida á igrexa). E a resposta dada por este mozo, é que aínda que seguramente a Panorama non ía aceptar semellante “ofensa”, parecía que tampouco había ninguén da comisión por alí. ¿Será posible que non había ningún a comprobar que a festa ía según o previsto ou para resolver os imprevistos???. Eu no meu último traballo, por exemplo, cando tiña unha idea para poñer en práctica, procuraba estar ó tanto, presente, comprobar que a idea estaba en práctica, ver si funcionaba ou non... Non sei, cóstame crelo pero él dí que non notou a presenza de ningún da comisión por a zona. (Por certo que ó final non souben si houbo a barra-bar na festa ou non).
Total, que moito chorar porque a xente non solta un pataco (que non o nego), que o curraron moito, que ían ser unhas festas máis que decentes a pesar da baixada de presuposto... e para o máis esencial, que é vixiar todo o panegírico estreitamente e máis a organización na música, a ningún da comisión se lle ocorreu esixirlle á Panorama que esperaran a cantar despois e que o fixeran os outros antes, antes que permitir a pifiada de deixar á xente cunha puñada nos dentes toda unha hora. Eu xa non entendo nada...
pero o que parece quedar claro é que uns por outros, como dí alguén que coñezo, “o cuciño sen limpar”

5 comentarios:
Si lo acontecido es como lo relatas, es inconcebible que no se le exijan responsabilidades a la orquesta, y que se les permita hacer y deshacer a su antojo, por muy "Panorama" que sean. Si el fallo es de su equipo que paguen por ello. Más inconcebible es que nadie de la comisión estuviese presente, parece que no les interesa más que salir en las fotos anunciando lo que van hacer.Debería haber alguien de guardia para cualquier cosa que alterase la normalidad.Es lo que hay, quien vió las fiestas de Vilalonga y quien las ve
Yo realmente no sé como funcionan esas cosas, pero sí que se las trae la orquesta (y decir que no la conozco)
Algunhas cousas nunca cambian.
Polo menos non lle cobraron, polo que o presidente, e demais, da comision de festas estaran contentos.
En todo caso a cousa tampouco e así esactamente.
As orquestas si a pontencia que lles suministra a comision de festas (non o concello), pois a comision e quen lles contrata, non lles chega, poden esixila , poñer un xenerador, ou non actuar.
As comisions deben facer uns contratos con Fenosa con potencia suficiente para ese día.
Para que o entendades, hay carruseles en algunha festa que consumen, en kilovatios, 4 veces do que necesita a orquesta Panorama, e vedes como lla suministran, e non paran de traballar por caida do suministro.
O que pasa e que neste mundo calquera e presidente dunha comisión de festas,concejal, presidente de un club de futbol, alcaldesa, monta un bar como Logito (inda que deso non entenda mais que de beber), etc, logo xa se aprenderá.
Sin ánimo de queixarme é si de criticar.
Un de riba da Igrexa.
Olvidábaseme: as orquestas levano todo, e mais, pero nunca teñen que poñer o suministro electrico.
O de riba da Igrexa.
Publicar un comentario