Dunha semana para aquí, chegoume ás orellas de xente que aprecio, como andan os choios no Salnés. Algúns son coñecidos, e outros amigos de anos, pero a cada un cunha situación que escalda. Na empresa dun deles, reúnenos a todos, é explícanlles sen rodeos que no sucesivo, todos e cada un deles van cobrar 50€ mensuales menos, eso sí, na nómina van figurar igual. O mesmo caso pasa noutra empresa de outro sector, só que serán 200 euros cada un (pa rillar a quen se che poña diante). A un colega, xa lle meteron 2 calotes, un de 10000€, outro de 60000€, e está na decisión de pechar a empresa, despois de anos e anos de duro traballo, e non sabe como vai pagar a liquidación dos empregados. Eso sí, o que lle deu o calote dos 10000€, paséase por ahí no seu A6 recén compradiño do trinque, como que tamén dan ganas de riñalo (ou colgalo). Outros dous, empregados noutra empresa, levan 4 meses sen cobrar... pero os xefes non se privan das súas ceniñas de fin de semana... E digo eu:
¡¡ Que venenosos que somos !!. ¡¡ Que pouco valemos!!. Xa non se espera solidaridade, xa se sabe que en cuestión de cartos o que se aplica é... o sálvese quen poida, pero... ¿porqué sempre nos "goden" ós mesmos?. ¿Que é da máis elemental decencia?. Eu poño os empleados a comer guisos todo o mes... e non se me da por pasarlles por os dentes o meu novo Audi, brillante e impecable... non me vou de cea a onde todo o mundo vai ver que non estou tomando uns pinchos de tortilla... tampouco espero que declaren en nómina máis do que lle estou dando...
Entendo que os tempos están malos, que ai que arrimar un chisco o hombreiro... poida que ata entenda que se deixen de cobrar as horas extras ou as dietas unha tempada, pero de ahí a baixarche o soldo, que xa non son gran cousa por estos lares... Entendo, por desgraza, que cada un se preocupa de si mismo e tanto lle ten se o veciño de abaixo este mes come arroz branco con xudías ata o día 30... pero de ahí a rirse da xente, de regodearse en aquilo de: Crisis sí, pero a miña non é como a túa, eu son xefe, e teño que ter unha imaxe... e aprobeito o momento que é, que non tedes onde ir, para aproveitarvos o súor ata que non quede nin o cheiro.
Non sei, ai cousas que me encenden, que me asquean, que me reviran e me parecen rastreiras, danme a gana de soltar algunha indirecta diante dalgún...
A cuestión é... que tampouco creo en remedios milagrosos, e si son sinceira, non creo que ningún partido nos vaia quitar na que estamos... e saes do Salnés... e ves que a cousa é peor do que vemos aquí, por moito que nos queixemos. Na miña última visita ao hospital, fai uns días, cadrou que a sala de espera, daba á porta de Cáritas, de pé, mirando por a ventana, (por non mirar o retraso no reloxo cada 5 mints), contei, en menos de media hora, 11 persoas na cola. A certa hora abren a porta, e cada un fóronlle dando unha bolsa con pasta, ou arroz ou latas... e outra con útiles de aseo, viase ven nas bolsas... E a min entroume un escalofrío. Dende logo é mellor pedir que roubar... pero non puiden verme naquel lugar...
De repente fun consciente, que aínda que andamos máis xustos... aínda non voto contas do que compro cando vou ó supermercado, e no medio da crisis, non me queda outra que asumir que... vaia... como que eu non podo queixarme moito, como que... son afortunada... DE MOMENTO.
9 comentarios:
Lo que ahora te sorprende lleva años pasando, son muchos los que hacen firmar una nómina que ponen una cantidad x pero pagan x-b, y eso de liquidación les suena a chino y les ofende, y si alguno la reclama, como ha sido el caso, no lo vuelven a contratar. Lo que pasa es que ahora se ha acentuado con la crisis, pero no nos engañemos, ya pasaba antes y el obrero tragaba, ahora no quiere tragar porque le cuesta más llegar a fin de mes. Te lloran, te dicen lo dificil que es ser empresario, pero ellos se pasean en lujosos coches, van a Canarias o al Caribe de vacaciones.Qué sufrida vida la de algunos¡.Lamentablememte se recoge aquello que se sembró.
Istas son algunhas das cousas que ten o capitalismo liberal. de tódolos xeitos nin todos os xefes son malos ni tódolos empleados bos. Neste país noso poucos xefes son empresarios e poucos traballadores son obreiros.
A situación é realmente preocupante. Os proximos sete meses van ser de peche de máis empresas e de todavía máis paro e penurias.
Formulas máxicas para sair dunha crise non existen a día de hoxe. Seguramente dentro de catro ou cinco anos un par de economistas farán unhas formulas estatístics e explicarán a crise do 2008, pero a día de hoxe nada de nada.
Ademáis pasarán anos hasta que volvamos aos niveis de demanda nos que vivíamos, niveis sobre os que se realizaron inversión empresarias con créditos baseados en facturación enormes que non se darán de novo no corto plazo.
Non está ben, nin se poderán chamar empresarios aqueles que imcumpran coas obrigas e dereitos dos seus traballadores, tamen é casualidade que moitos deses estén representando os demáis nas Cámaras, asociacións de Empresarios etc. (Casas Novas, Indeza) Pero tamén hai outros moitos que intentan por todolos medios manter as empresas, ata perdendo cartos, si porque levan toda vida con elas.
Si recordades algún comentario meu en outro foro ( cousas de Sanxenxo) xa fai bastante tempo, para algún que decía " quese fastidien" eu respondíalle que a crise a quen mais iba a afectar era o obreiro.
Solamente hai unha maneira de sair da Crise, "producindo mais" e fomentalo consumo sobre todo de vivendas, O contrario ca Zp, solo así se venderán mobles, lavadoras, automatismos, cortinas, roupa etc.
e con todo que se diga "sempre será a mellor inversión"
Moitas veces os calotes veñen dado dos impagos que todos padecemos, eu teño unha pequeniña Empresa de 5 empregados e teños parecidos os que dis no do post, e esto si non tes a suficiente solvencia pode xerar que a fin de mes non teñas pra nómina, con todo isto non xustifico a eses presumidos que lle vale todo, pero iso sempre pasou, e en todos lados ata hai xente que non paga os cubatas, obreiros , empresarios e amas de casa.
Son o anterior, e non digamos si traballas pro concello, entón si que hai que ter solvencia, ata anos de espera.
Sinto non estar de acordo co Veciño de Sanxenxo. Dende logo esta crise non se resolve producindo máis. Precisamente por iso estamos onde estamos e ten en conta que queda un camiño moito máis longo do que pensamos para sair dela. É a primeira crise total do capitalismo, afecta todolos paises, a todolos sectores a todalas estructuras, A TODOLOS BANCOS. Incluso desta vez o 10% da poboación máis rica do mundo está a perder cartos(xa sei que ainda lle quedan moitos). É a crise das bases do sistema e precisamente unha das mais grandes é qué todo se soluciona producindo máis.
Un saudo.
Zeppelin, tampouco e que non estemos dacordo, sinon que temos puntos de vista distintos, a min sempre me enseñaronque traballando mais gañase mais, eu sigo mantendo que ao producir mais hai mais postos de traballo, e inda que a crise e mundial, os datos de España son espeluznantes e iso que a Banca e a que menos sufriu a crise.
Eu son un profano da materia pero creo que o fallo da economía mundial foron esas inversións de sistema piramidal con ganancias rápidas, e que os Bancos quixeron facerlle competencia os seus propios clientes, Si moitos deles accionistas maioritarios de promotoras e constructoras.
Este é o meu punto de vista, e o Teu pode ser tan bo coma o meu.
Claro que sí veciño, se o bo é poder opinar e intercambiar ideas.
Un saudo
Mmmmmm, dame que eu tampouco estou con veciño de Sanxenxo. Precisamente, a mín paréceme que precisamente o problema que temos é por producir obras sin rumbo. Pisos sin rumbo. Como en todos os mercados ten que haber unha oferta e unha demanda... e a mín paréceme que houbo pisos e pisos, e os bancos daban cartos para diante para construir... sin ter en conta si había a demanda suficiente.
Publicar un comentario