2/2/10

HOXE, DIA INTERNACIONAL DOS HUMEDÁIS

Para quen non teña "pajolera" idea do asunto, o 2 de febreiro do 1971 (non estaba eu nin en proxectos), firmouse o Convenio sobre os Humedáis, a carón do Mar Caspio, na cidade iraní de Ramsar (de ahí o nome que se lle dá á lista, Ramsar). Esta lista, que se fixo daquela, incluía as zonas húmidas internacionáis de maior importancia, que son na actualidade, paréceme, 1011 humedáis, repartidos en 117 países. España sumóuse á lista en 1982 con 38 humedáis. Pois ben, parece ser que a Concellería de Medio Ambiente puxo en marcha unha serie de actividades para rapaces/zas de 4º de Primaria, co fin de celebrar este Día. Seica quere o Concello inculcarlle ós nen@s o darlle valor á natureza. Mediante talleres dan a coñecer o noso humedal, o Complexo Ons-O Grove. Eu penso que unhas visitas guiadas por a zona, serían bastante máis productivas en varios sentidos... Os rapaces estarían máis atentos con alguén explicándolles as especies animáis e vexetáis, as características de cada cal, os círculos migratorios... e indo a varios sitos, O QUE NON SE DEBE FACER.  En fin, é a miña humilde opinión. Tamén puxeron en marcha ‘Os humedais, un patrimonio natural’, que ven a ser un xogo parecido a unha mezcla entre o parchís e o trivial, con 34 casillas, e preguntas acerca do tema.  E pois sí, que está moi ben o xogo didáctico, e a celebración, e ata a propaganda do Concello do xornal,  pero ¿qué queredes que vos diga?... o ideal de predicar o respeto ó natural, é demostrar que os peixes gordos lle dan importancia tamén ¿non?, e eu non vin que do Concello mandaran ninguén a limpar todo o que ai, nin que se organizara algunha partida de voluntarios, (como se fai nalguns ríos noutras cidades),  nin que mandaran máis vixianza para acá, e "multa que Dios te criou, por guarro". Aínda me lembro do día que nun dos meus paseos, un vello estaba a descargar do "tranquinillo"  vides, botellas de viño escachadas, unha alfombra vella...  e pasou o Seprona, miraron, e nin do coche baixaron ("facía demasiada calor").
Vamos, que sí, que a celebración está moi ben, e o xogo estupendo, e os talleres... e bla, bla, bla... pero, o noso humedal (estarán esperando que perda o nome), queda tal como estaba: cheo de merdiña.

2 comentarios:

iris dijo...

E un pena que unha zona tan bonita e cun potencial por descubrir e desfrutar estea tan cheo de merda, pero esa é a cruda realidade.

LED ZEPPELIN dijo...

Temos o que merecemos unha vez máis. Como tantas cousas en estado de abandono que podemos observar se alguén coma ti publica unha boa foto.

saudos