9/9/10

VILALONGA, A CONTAGOTAS.

Onte leía eu na Voz de Galicia dixital, as queixas do PSOE, porque a alcaldesa pretende quitar o bus das actividades escolares e aforrar cartos, cousa que non ten moita lóxica, cando xa os invirten en outras cousas de menos interés. Digo eu, que a educación e a saúde son dúas cousas que nunca deben ir a precario, pero bueno, eu non mando.
O caso é que hacia o final leo, téxtualmente:

"En el ámbito local, afirman que el PP debería defender la gratuidad de los libros en vez de limitarse a conceder ayudas. Además, reclaman que desde que gobierna el PP, hace casi 12 años, en Sanxenxo no se ha construido ninguna vivienda protegida y que las guarderías de Portonovo y Vilalonga son insuficientes.

Estooo, vamos a ver, imaxino que sería unha errata do xornal, porque, en Vilalonga NON TEMOS NINGUNHA GARDERÍA. Nin grande nin pequena. Os que xa me coñecen dende ai un tempo, xa saben que non son moi dada a temas políticos, sen embargo, non podo máis que dicir que nós, como sempre, a esperar. Non sei, ás veces basta votar unha ollada por ahí para ver o abandono. Sería interesante que houbera unha casa de Cultura (sen socios) para levar a cabo tanto os discursos políticos en tempo de campaña, como disfrutar dalgún grupo de cando en vez, algún contachistes, algunha charla sobre temas de interese, algún curso...a historia e o tipo arquitectónico da igrexa... e ata algún ecoloxista que nos explicara ata que punto é valiosa toda a zona das Cachadas e arredores.
Fai uns días vin un cartel da Rede Natura, dende o coche, aquí en Vilalonga, e cando 2 horas despois quixen ir leelo, topeino arrancado (lástima non collelo na allada). Sentín curiosidade, xa que non fai nada soubemos que aínda que o presidente da Xunta se comprometeu no parlamento a ver de ampliar a superficie galega protexida (somos os segundos con menos territorio protexido, nas Directrices Territoriales de Ordenación (DOT), non aparece nadiña de nada sobre o asunto, o cal lle virá de verlas a moitos empresarios, seguramente. E o caso é que a Unión Europea obriga a ampliar. (Cositas que pasan).
Non viña mal unha restauración e catalogación VISIBLE das tumbas medieváis a carón da igrexa... Unha ruta clara de senderismo por as zonas naturáis e arquitectónicas...
URXE, un cambio nos accesos a pasos de peons e aceras. ¿Alguén se fixou nas aceras no paso de peons diante do antigo centro médico?, ¿alguén se preguntou COMO pode un minusválido baixar ou subir semellante altura?. Aquí é todo un pouco a contagotas ou sen sentido. ¿Porqué ten un particular, por moita ilusión que lle faga, que ocuparse persoalmente de ter fermosa unha rotonda que é propiedade municipal, farto de vela seca ou chea de merd..., ou sen nada?. 
Claro, para todas estas cousas fan falla cartos, e eu entendo que cartos agora mesmo é o que non sobra, e que se todos pedimos e a todos nos deran... pero eso sí, cada Revista do Concello no buzón, esa, ¡non falta nunca!. E que eu saiba non é gratis. Non digo que non sería interesante, se fora do pobo, con participación de todos, e non para contarnos o que ó fin e ó cabo xa lemos no xornal ou xa nos fan saber por outras canles... pero gastar esa burrada, nestes momentos...
 Para a miña sorpresa, nesta última, Angel Casal di no seu espazo que os Corredores Ecolóxicos ven disminuída a sua afección, e aínda o dí, como se fose unha proeza, e pola contra, (non entendo nada) a nosa alcaldesa di:
" ... el turismo ornitológico ... paisajísticamente hablando, un placer para los sentidos: lagunas, ensenadas, marismas... espacios naturales de singular belleza: O Bao, Arnosa, Fianteira, As Telleiras, Rouxique."
"... Éstas y otras muchas opciones, nos permiten disfrutar de un Sanxenxo distinto, de una jornada sin sol y sin playa, de un día sin baños de mar..."

A boas horas se da vostede conta, "siña Catalina".

3 comentarios:

Iris dijo...

suscribo todas e cada unha das túas verbas.

Anónimo dijo...

Moito presumirá a nosa excelentísima alcaldesa da beleza paisaxística... pero eu creo que non se dignou a pasar polas "lagoas da arnosa", porque este domingo fumos facer esta pequena ruta e vergoña me dou de como está aquelo!!! abandonado!!! polo menos antes de ser un espacio protexido podíase andar por alí, agora tes que ir sorteando matorrales...

Vilagonde dijo...

Anónimo, créocho ben. Da noxo. Eu deime unha volta ai unha semana, cámara en man, e levei un chasco, porque cando fun tirar as fotos, vin que se me quedara sin bateria (que pouca profesionalidade), e o móvil deixárao na casa (aiche días). Certo é que da lástima todo aquelo abandonado daquela maneira, podendo sacarlle un proveito, que moito extranxeiro valoraría. Porque o certo é que en moitos paises europeos, dáselle máis valor a estas cousas. O da limpeza xa o dixen eu moitas veces. Non creo que por limpiar un pouco os camiños e beirales, deixaran de vir patos.