29/8/10

HISTORIA DAS TELLEIRAS, III

Un dos motivos que levou a desaparecer as telleiras foi o seu tempo de explotación, que adoitaba ser de abril a outubro en toda Galicia, xa que, non estabanran o bastante preparadas, cualitativamente falando, para levar adiante o traballo nas condicions do duro inverno. Naquel frío era imposible poñerse sacar arxila, moldeala e sacar e meter nos fornos...
Como en todos os oficios, había tamén categorías: peneiraba a terra buscando a arxila e botaba auga na pía o serviceiro, deseguida estaba o cocedor, o tendedor (estiraban as tellas rápidamente a secar), o carretilleiro o pieiro, e finalmente o oficial. Nunha telleira o forno era o espazo principal e acababa en cheminea. Tamén había o pallete (almacén para material e ferramenta), as pías, que eran uns excavados redondos duns 5 mts. de diamentro, metro arriba metro abaixo, por algo máis de medio metro de fondo, e servían para abrandar e amasar o barro. E logo estaba a leñeira que era onde se secaban as tellas, e as casetas, onde facían vida os obreiros (xa que durante a tempada íase pouco pola casa). Traballáse arreo e só se paraba para comer, ou de noite cando xa non se vía o que se estaba a facer.
Polo xeral a telleiras estaban ó lado do mar, como aquí no Salnés, e facíanse de xeito que poidesen atracar os barcos, aínda que para isto houbera que facer canles, xa que eran zonas de pouca profundidade.
Despois da segunda metade do s.XX foron aparecendo as fábricas con sistemas máis modernos e deixou de facerse manualmente. Co pasar do tempo acabaron por pechar as 30 telleiras do Salnés, e hoxe só funciona á da Arnosa, en Vilalonga, que segue a explotar a arxila.

INFORMACION TIRADA DE "O BARRO E AS TELLEIRAS"

No hay comentarios: