1/8/10

A LAGOA PODE DESAPARECER

Fai uns días alguén me facía saber dunha cuestión da que eu non tiña constancia, a posible extinción dunha libeliña que, ¡que cousas!, soamente a temos nós, no entorno da lagoa da Fianteira, EN TODA GALICIA. No seu día fotografiéina (malamente), dentro das miñas entradas sobre a fauna da zona http://ondequedavilalonga.blogspot.com/2009/08/libelinas.html e sen embargo, non sabía o principal desta libeliña: Polo visto é unha especie moi vista por Europa, pero que ata agora, aquí nunca se vira. Trátase da Anax parthenope (aquí a vedes mellor nunha imaxe tirada do flickr).
A cuestión é que a Xunta deu apoio á destrucción da lagoa, aprobandolle á unha empresa un plan no que, chegado xullo podían proceder ó vaciado, extracción da arxila e logo recheado da metade dela. Esto, penso eu, clama a Cristo, e senón que baixe o mencionado e o negue.   
Aquilo sempre estivo cheo de porcalla, dende os Leiros ata a Fianteira (sin excepción), e ai pouco que se fixo un lavadiño de cara, pero non a fondo "porque era tempo de niñada de paxaros", para total non mover unha pestaña por algo que era moito máis básico. Por certo que teño pendente un paseíño para ver que tal quedou a limpeza...
. Asusta, que a licenza á empresa lla deran baseándose nun estudio ambiental do sitio, que ten "pouquiño tempo", nada máis que ¡¡ dazasete anos!!. 
.Asusta, que o Concello se limite a dicir que non poden facer nada.
.Asusta, que a lagoa forme parte dun área que tén máis de 20 especies protexidas... e que non se poida facer nada.
Pero sobre todo, o que realmente ASUSTA, e que pareza que a ninguén lle importa, que, coma sempre, o que conta é ser devoto do Santo Patrón da Billeteira, primeiro a pasta que todo aquelo que nos sustenta vivos: chan, árbores, animáis...ambente.
IMAXE DE CESALNES

6 comentarios:

Veciño de Sanxenxo dijo...

Hola Vilagonde, coma sempre amosando a túa sensibilidade, pero de verdade queren facer desaparecer a lagoa da foto? expilca eso un pouco mais se podes.

Vilagonde dijo...

Ata onde sei, o que quere facer logo "Nova Cerámica Campo" é algo e votar recheo no lado leste, en teoría para que se rexenere. Pero a licenza para valeirar, téñena. Déixoche unha imaxe de Csalnés, que é máis decente que a miña, que xa tiña tempo.
O que non sei é se xa empezaron, haber si esta fin de semana dou un paseíño por a zona.

Anónimo dijo...

Pódese recoller máis información en: cesalnes.wordpress.com ou simplemente cesalnes (colectivo ecoloxista do Salnés).
Isto xa saiu na prensa fai pouco máis dun mes.
Paréceme vegoñoso que dende o Concello non se tomen cartas no asunto máis ben parece que se lavan as mans no asunto. E esas lagoas formáronse coa actividade extractiva da arxila a mans dos nosos avós e bisavós. Que pasaban traballo e traballo por unha pequena paga para tentar unha vida máis digna naqueles tempos; e dese traballo feito por homes e mulleres a nai natureza fixo o resto ata convertilo nun humidal que agora está colonizada por unha gran cantidade de flora e fauna, sobre todo avifauna.
Esas Lagoas debían ser un patrimonio a coidar e un monumento o traballo de toda esa xente que deu paso a outro tipo de riqueza natural. Pero en fin iso é algo que non sabe ver todo o mundo.
E por certo, atopo moi curioso que non leras algo do tema anteriormente, e eu non che son de Vilalonga pero coñezo as Lagoas.

Vilagonde dijo...

Xustamente, "anónimo".

E non, non lera nada do tema, non todos os días baixo a ler o periódico, e se ve que entre as alertas de google, como me entran como 40 mensaxes diarios, non a vin. MIL PERDONS, si é un reproche.

Veciño de Sanxenxo dijo...

Non creedes que por parte das administracións deberíase facer unha petición formal a O Propietario (persona xenerosa neste caso) pa cesión para uso público de esas lagoas, claro está pasando o seu mantemento e disfrute a público.

Si os políticos non o fan podemolo facer os cidadáns.

Vilagonde dijo...

Eso penso eu, que se cadra firmando todos os veciños e pedíndollo ó dono... total... xa que é xeneroso noutras lides...