A Voz de Galicia acaba de adicarlle un fermoso artículo ó noso equipo local de fútbol, chamándolle milagreiro. E non é para menos. Somos arredor de 3000 veciños, e sabido é que non aportamos todos capital. No seu día sacudímonos coa ilusión de ascender, e ata alguén fixo correr o rumor de que se non ascenderon foi porque non quixeron, supostamente, porque non se vían capaces de afrontar monetariamente o que o futuro sería, de ascender.
Recentemente se dixo que había alguns problemas nas arcas, a xente acudiu á comilata do pulpo Paul, para recadar fondos, e coa axuda do mecenas local, saen novamente á palestra, dispostos á permanencia en Terceira (que eu dou por feita). A maior ilusión de todos e velos ascender (eu xa me vexo coa bandeira e afónica como cando gañamos o mundial).
E un clube humilde pero Gabriel Leis está a manter o bo nivel de todo o equipo. Volveu Avendaño, e segue aquí Saúl, como se puxo en dúbida no seu día http://ondequedavilalonga.blogspot.com/2008/12/de-futbol-en-vilalonga.html .
Sexa como sexa, mantéñense, fan un xogo precioso ás mais das veces, e nomeaselles na prensa como un dos mellores equipos da Terceira.
E así estamos: cheos de orghullo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario