Vamos, que sí, que a celebración está moi ben, e o xogo estupendo, e os talleres... e bla, bla, bla... pero, o noso humedal (estarán esperando que perda o nome), queda tal como estaba: cheo de merdiña.
VILALONGA EXISTE, SAE NO MAPA cos seus 5,3km2 e 3096 habitantes aproximados. AS RÍAS BAIXAS NON SON SANXENXO SOAMENTE, E SANXENXO ... NON É SÓ 1 KM ARREDOR DO CONCELLO.
2/2/10
HOXE, DIA INTERNACIONAL DOS HUMEDÁIS
19/1/10
A SUB ESTACION... DE NOVO
Hoxe lín no xornal que o conselleiro de Economía e Industria vai dignarse a analizar no sitio si se pode chegar a desmontar a subestación eléctrica, despois de tantas queixas veciñais, (demos gracias, por os pequenos milagres). Seica será o día 1 de Febreiro e poderemos, seica, queixarnos a él directamente na Cultural.
Pon tamén a noticia, que dona Cata solitou que no se dera autorización para que a ampliaran en onde está esperando que se acabe desmantelando, e pasando para Nantes.
De novo, sorpréndome como se nota que a vida das personas sempre vai despois do cochino billete, todo o mundo máis preocupado polo custe de desmantelar e trasladar e non por o perigo que corre a xente cunha gasolineira pegada á electricidade, e moito menos polos casos de cancro da zona, que moita xente asocia dado o número.
Só nos queda esperar unha vez máis que como tantas outras cousas, xa non no pobo, senón en todo o municipio non se quede todo en meras negociacións que non chegan a ningures... pois xa imaxino o principio das mesmas:
Só nos queda esperar unha vez máis que como tantas outras cousas, xa non no pobo, senón en todo o municipio non se quede todo en meras negociacións que non chegan a ningures... pois xa imaxino o principio das mesmas:
- Bueno, ¿por onde empezamos o choio?.
- Homeee... eu propoño que por os langostinos.
13/1/10
INCENDIO ROUXIQUE
Na tarde de onte produciuse un incendio nun domicilio da zona de Rouxique, no que tuveron que intervir os bombeiros.
Según indicaron unha vez sofocado o incendio, iniciouse por mor do tubo de metal que tiña a cheminea, que non estaba ben instalado e fixo que ao longo de tempo se acumulara certa cantidade de restos de leña que acabou por arder.
Para resolver o problema víronse na obriga de romper algunhas baldosas, para que o lume puidera saír por algún lado.
12/1/10
CHEIROS E PLANTAS
Esta maña tocaba médico, e con todo o que chovía (vaia tempada levamos), alá me fun. Ao volver, (fai unha hora) parei a facer certa compra en certo local do pobo. Xa non chovía, incluso saíra unha raiola de sol, e un rapaz duns 16 ou 18, da proxima xeración do pobo, fumaba na porta, tranquilamente, e ó pasar notei o cheiro "peculiar" do que estaba fumando. Tendo en conta que unha vez vin a un meténdose unha raia nun aseo da zona, non podo por máis que pensar, e decíndoo de xeito "light" que por desgraza na zona, como en outros sitios, a droga, dura e branda, tamén está bastante en circulación. En fin, o certo é que o detalle tróuxome á mente unha anécdota do verán.
Un venres bastante soleado, despois de almorzar, dérame por aproveitar e tirarme na terraza a tomar o sol co meu minibikini e lucirlle o meu "corpo serrano" ós paxaros (xa que o edificio de enfrente é máis baixo). Pasado un tempo erguérame coa idea de ir preparando a comida e ó facelo, vira na terraza de enfrente como un veciño coidaba das plantas. Revisaba as follas unha a unha, delicadamente, regábaas, achegaba o nariz de cando en cando... e sentírame fatal. Ás veces faste unha idea dunha persona sen coñecela (mea culpa) e eu, sempre pensara para min que ese veciño era un badanas, e resulta que amaba as plantas, coma mín, que sempre traio plantas e flores silvestres para ver si prenden nas xardiñeiras.... O caso é que horas despois de comer, lembrara que tiña que baixar a recoller algo nun comercio. Duchárame, vestírame... e xa saía por a porta cando lembrei que non puxera as lentillas (na casa teño por costume descansar a vista e non as poño), así que volvera sobre os méus pes ó cuarto, puxéraas, e o xirar diante da ventá para volver a irme, a miña mirada caíra sen pretendelo na terraza de enfrente para acabar soltando unha tremenda gargallada para min sóa, divertida: As plantas que tanto mimara o meu veciño... ERAN DE MARIHUANA.
2/1/10
A XUVENTUDE DE VILALONGA
Curioseando por youtube, doume por poñer Vilalonga, para ver si había algo do pobo, e, atopei un pouco de todo, do equipo de fubol, dalquen que estivo de visita... pero curiosamente, o que me chamou máis a atención (case que escalda decilo), foi este video que vos deixo da nosa xuventude, na zona dos Leiros. ¡¡ Ai que ver o que cambiaron os tempos!!, ¿onde quedou a Gachadela?... Con esto pasan o tempo libre. Aínda me rin un pouco.
31/12/09
28/12/09
SILVEIRAS A TUTIPLEN
Hoxe apenas saeu o sol, pero non fai tanto frío. Non é que preste saír a pasear, con tanta auga, pero claro, a nevera ai que enchela, así que alá me fun ó Mercadona.
Curiosamente fixeime nesta imaxe ao pasar... así, de súpeto, e doume por preguntarme, porque se deixou chegar a este extremo, xa que ata onde teño entendido, a máquina do concello limpa de cando en cando os beirales. ¿Que tén este de especial que sufríu a "discriminación" de non ser incluído na lista?. Dende logo non é que sexa un camiño, e os coches pasan, pero é un dos pouquísimos sítios de Vilalonga onde se pode aparcar tranquilamente. Agora mesmo, en cambio, os coches procuran non achegarse demasiado o muro (que é da casa rural,http://ondequedavilalonga.blogspot.com/2009/02/casa-sineiro-tr.html ) , para non raiar a pintura, que non están os tempos para levar o coche ó taller. Deste xeito, ás veces non se pasa, e a cuestión é que aparte dun camiño, cara atrás está un garaxe. Se cadra, existe algún motivo en concreto que impide ao concello "pasarlle a cuchilla" a todo o muro, e se o ai quixera coñecelo. Ademáis, de seguro que está todo cheo de bechocos de todo tipo, e no verán se cadra houbo ata sérpes (e todo tipo de basura que o vento e as mans pouco cívicas levaron cara alí).
Curiosamente fixeime nesta imaxe ao pasar... así, de súpeto, e doume por preguntarme, porque se deixou chegar a este extremo, xa que ata onde teño entendido, a máquina do concello limpa de cando en cando os beirales. ¿Que tén este de especial que sufríu a "discriminación" de non ser incluído na lista?. Dende logo non é que sexa un camiño, e os coches pasan, pero é un dos pouquísimos sítios de Vilalonga onde se pode aparcar tranquilamente. Agora mesmo, en cambio, os coches procuran non achegarse demasiado o muro (que é da casa rural,http://ondequedavilalonga.blogspot.com/2009/02/casa-sineiro-tr.html ) , para non raiar a pintura, que non están os tempos para levar o coche ó taller. Deste xeito, ás veces non se pasa, e a cuestión é que aparte dun camiño, cara atrás está un garaxe. Se cadra, existe algún motivo en concreto que impide ao concello "pasarlle a cuchilla" a todo o muro, e se o ai quixera coñecelo. Ademáis, de seguro que está todo cheo de bechocos de todo tipo, e no verán se cadra houbo ata sérpes (e todo tipo de basura que o vento e as mans pouco cívicas levaron cara alí).Non é que sexa unha cousa tremenda, pero paréceme unha desas pequenas cousas que se podían ter a punto por Vilalonga, con moi pouco esforzo... ¡que diaños!, a todo o mundo lle gusta ver os sitios, as casas, as aceras... os pobos, pulcros e coidados. As silveiras a tutiplen, tamén están ben... no monte (e ata certo punto).
26/12/09
INCENDIO EN VILAR
Arredor das 14hs. produciuse un pequeno incendio nunha cociña dun piso de Piedras, o constructor, frente a xoiería e antes da de Nieves. Dito incendio foi prácticamente sofocado pola Policía Local antes da chegada dos Bombeiros. Dase a circunstancia que o piso estaba alquilado. Os danos seica foron pequenos e víctima non houbo ningunha.
A anécdota:
Conta un dos "miróns", que na rúa estaba o propio Piedras, ó que se lle oeu dicir: - Ay... se arde, xa o pagará o seguro.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)

