Esta maña tocaba médico, e con todo o que chovía (vaia tempada levamos), alá me fun. Ao volver, (fai unha hora) parei a facer certa compra en certo local do pobo. Xa non chovía, incluso saíra unha raiola de sol, e un rapaz duns 16 ou 18, da proxima xeración do pobo, fumaba na porta, tranquilamente, e ó pasar notei o cheiro "peculiar" do que estaba fumando. Tendo en conta que unha vez vin a un meténdose unha raia nun aseo da zona, non podo por máis que pensar, e decíndoo de xeito "light" que por desgraza na zona, como en outros sitios, a droga, dura e branda, tamén está bastante en circulación. En fin, o certo é que o detalle tróuxome á mente unha anécdota do verán.
Un venres bastante soleado, despois de almorzar, dérame por aproveitar e tirarme na terraza a tomar o sol co meu minibikini e lucirlle o meu "corpo serrano" ós paxaros (xa que o edificio de enfrente é máis baixo). Pasado un tempo erguérame coa idea de ir preparando a comida e ó facelo, vira na terraza de enfrente como un veciño coidaba das plantas. Revisaba as follas unha a unha, delicadamente, regábaas, achegaba o nariz de cando en cando... e sentírame fatal. Ás veces faste unha idea dunha persona sen coñecela (mea culpa) e eu, sempre pensara para min que ese veciño era un badanas, e resulta que amaba as plantas, coma mín, que sempre traio plantas e flores silvestres para ver si prenden nas xardiñeiras.... O caso é que horas despois de comer, lembrara que tiña que baixar a recoller algo nun comercio. Duchárame, vestírame... e xa saía por a porta cando lembrei que non puxera as lentillas (na casa teño por costume descansar a vista e non as poño), así que volvera sobre os méus pes ó cuarto, puxéraas, e o xirar diante da ventá para volver a irme, a miña mirada caíra sen pretendelo na terraza de enfrente para acabar soltando unha tremenda gargallada para min sóa, divertida: As plantas que tanto mimara o meu veciño... ERAN DE MARIHUANA.