7/8/10

VILALONGA-TURISMO EN 1927


¿Sabedes como se describía a Villalonga alá polo 1927?...

"Villalonga es un salpicado de puntos blancos al otro extremo de la ría. Blancas casitas bullidoras? en medio de una gama azul y verde.
... "
"Y en este caso, Villalonga asentada a ambos lados de la carretera de Pontevedra a La Toja es un enjambre de casitas blancas, pulcras, contrastando con la policromía de sus campos, su monte y su mar"

CORREO DE GALICIA
7 Agosto 1927

Tedes que ler o artículo. Eu xa estou imaxinando a Vilalonga de entón...

6/8/10

¿VALE AS MOLESTIAS RECICLAR, AQUI ?

Con este calorciño o que apetece é saír á rúa, pasear, lambiscar un xelado...  e ás veces apetece tomar o xelado en "PuertoNuevo" nunha terraciña, en plan "guiri". Unha vai, séntase, toma o xelado, levántase, e cando aínda vai con sorbete de mandarina na boca, a pleno paseo petado, ás sete da tarde, ¡zas!, pasa o camión cun cheiro a "Eau de caquiñaxeral" que xa che corta o rollo totalmente. E non fun a única, que nunha mesiña onde picaban queixo (merenda tardía), expresaron o desgusto. A cuestión é que eu tiña entendido que non se podían vaciar  os contenedores do que non se recicla, de día, coméntollo a quen me viña facendo compaña no paseo. Ela mírame ríndose e velaquí a resposta: -" ¡Boh!, tanta historia co reciclar, e seguro que levaron todo xunto no mesmo camión, como fixeron en Villalonga fai 2 sábados, visto con este ollos". Eu quédome fría, ¿SERÁ POSIBLE?. ¿Entón, para que está unha matándose con tanta división en bolsas, tanto baixar a tandas, para distintos furados?. ¡Como nos toman o pelo !.

1/8/10

A LAGOA PODE DESAPARECER

Fai uns días alguén me facía saber dunha cuestión da que eu non tiña constancia, a posible extinción dunha libeliña que, ¡que cousas!, soamente a temos nós, no entorno da lagoa da Fianteira, EN TODA GALICIA. No seu día fotografiéina (malamente), dentro das miñas entradas sobre a fauna da zona http://ondequedavilalonga.blogspot.com/2009/08/libelinas.html e sen embargo, non sabía o principal desta libeliña: Polo visto é unha especie moi vista por Europa, pero que ata agora, aquí nunca se vira. Trátase da Anax parthenope (aquí a vedes mellor nunha imaxe tirada do flickr).
A cuestión é que a Xunta deu apoio á destrucción da lagoa, aprobandolle á unha empresa un plan no que, chegado xullo podían proceder ó vaciado, extracción da arxila e logo recheado da metade dela. Esto, penso eu, clama a Cristo, e senón que baixe o mencionado e o negue.   
Aquilo sempre estivo cheo de porcalla, dende os Leiros ata a Fianteira (sin excepción), e ai pouco que se fixo un lavadiño de cara, pero non a fondo "porque era tempo de niñada de paxaros", para total non mover unha pestaña por algo que era moito máis básico. Por certo que teño pendente un paseíño para ver que tal quedou a limpeza...
. Asusta, que a licenza á empresa lla deran baseándose nun estudio ambiental do sitio, que ten "pouquiño tempo", nada máis que ¡¡ dazasete anos!!. 
.Asusta, que o Concello se limite a dicir que non poden facer nada.
.Asusta, que a lagoa forme parte dun área que tén máis de 20 especies protexidas... e que non se poida facer nada.
Pero sobre todo, o que realmente ASUSTA, e que pareza que a ninguén lle importa, que, coma sempre, o que conta é ser devoto do Santo Patrón da Billeteira, primeiro a pasta que todo aquelo que nos sustenta vivos: chan, árbores, animáis...ambente.
IMAXE DE CESALNES

31/7/10

DIVINAS PALABRAS

Está película de 1987 (un dramón), tamén se rodou en parte, na Lanzada. Nela estuveron entre outros, Ana Belén, Paco Rabal e Imanol Arias.
Argumento: Na Galicia dos anos vinte, no medio da pobreza e da superstición, viven os que non emigraron a América (que son os menos). A fame e a falta de todo fai que uns libres de moral e alma, para tirar para diante, aproveitanse dun pobre diaño e da inxenuidade da xente humilde. 

IMAXES CEDIDAS POR FERNÁNDO-NOVAPONTE

30/7/10

FACENDO A CARRETERA

Hoxe, unha imaxe da que non se sabe a data, pero sí que están facendo a primeira carretera da Lanzada hacia o Grove por a costa. Ver para crer.


IMAXE REMITIDA POR FERNÁNDO-ANOVAPONTE

29/7/10

ABELLÓN NEGRO

Hoxe déixovos a imaxe dun abellón que topei cerca dos Leiros, e penso que se trata dun Xylocopa violacea, común en Europa meridional e central.
Impresiona un pouco ir sacarlle a foto, así negro, e tan grande (tería máis de 2 cms, fácilmente). Ata donde sei, as femias poñen os ovos na madeira, que furan coas mandíbulas (e aseguro que se ven ben).


[

28/7/10

A BARCA, 1919

Hoxe non vai sobre Vilalonga, pero a imaxe vale a pena. Trátase, (seguro que xa vos déstedes conta), da Ponte de Abarca da "city", Pontevedra, o malecón das Corbaceiras no 1919.

CEDIDA POR FERNANDO-ANOVAPONTE

27/7/10

ANTIGO CINE NA LANZADA

Para quen non o saiba, alá polo ano 1954, Juán Antonio Bardem dirixiu unha longametraxe que foi rodada en gran parte na Capela da Lanzada e na praia. Chamábase "Sonatas", porque a historia estaba baseada en "SONATA DE OTOÑO" e "SONATA DE ESTÍO" de Ramón de Valle Inclán, e recaudou pola época unhas 11000 pts., que xa era moito para entón.
De entre os actores contaron con Francisco Rabal, María Felix, e Fernándo Rey, entre outros.  
Estaba ambientada na metade do S.  XIX, e nela un nobre galego de vida truculenta, o marqués de Bradomín, mantiña unha relación de paixón con Concha, que tiña unha enfermidade mortal. Cando ela morre, (e non por a enfermidade senón por un tema político), él ten que fuxir a México. 
Velaquí quedan varias imaxes que falan por sí sóas. (Fermosa a imaxe dende o Outeiriño, para mín).


IMAXES CEDIDAS POR FERNÁNDO, de a NOVAPONTE.