Parece que aínda ai xente que non sabe que Vilalonga existe. E un pobo, pequeno, sí, pero sae no mapa. E dígoo, porque unha mañá falando cun comercial da empresa na que traballaba, éste preguntoume:
-¿Y tú, eres de aquí de Sanxenxo, vives cerca?".
E eu respondín toda farruca:
- No, yo vivo en Vilalonga.
O home miroume con cara de parvo.
-¿Y eso hacia donde queda?". ¿¿¡¡?
¡¡Aaaay, alguns comerciáis!. Coa súa corbata e os seus finos modáis, e a súa actitude de "eu só vendo nas ´citys´", (ou pretenden que esto e así).
Eu púxeme a rir por non poñerme a chorar: -"¿Como no vas a conocer Vilalonga, ¡ si el equipo de futbol está a punto de ascender ! ". !.
E é que eu cría que o fubol chegaba a todas partes, de tanto velo na tele, onde todo Dios insulta, uns lloran, outros pegan, e outros MATAN... por un partido.En fin.
Vilalonga debe ter a súa historia, aínda que eu non coñezo nada apenas. NO instituto comíanche a cabeza coa historia de España, de Francia, de Alemania... pero a ninguén se lle ocorreu nunha desas horas, darnos a historia do noso propio pobo (se cadra é un erro habitual). Nalgún xornal lín que un tal Severino Dominguez, un antiguo sindicalista republicano de Portonovo, nacido no 1915, asegura que fai uns 65 anos tiñamos aquí unha célula comunista, igual que en Aios e en Noalla e que él mesmo sufreu bastante persecución, de feito ós 33 años collérono e fixéronlle un Consello de Guerra e estivo preso.
Para "historia" máis recente temos o tema de "A Fianteira" onde unha antiga fábrica de tellas, con seus fornos e instalaciones de principio do seculo XX, á camiño de ser un museo etnográfico para o deleite de todo o muno (un día destos, cando as rans teñan pelo... loiro).
Para "historia" máis recente temos o tema de "A Fianteira" onde unha antiga fábrica de tellas, con seus fornos e instalaciones de principio do seculo XX, á camiño de ser un museo etnográfico para o deleite de todo o muno (un día destos, cando as rans teñan pelo... loiro).
Claro, que a día de hoxe a historia non acostuma a interesar a ninguén. A xente vive máis para saber de prezo, agora os do super, pero ata fai pouco todo se resumía a prezos de pisos, de coches,de motos, de roupa, prezos, prezos, prezos...
Vilalonga existe, e pasa de todo por aquí. Saquen papel e boli.
2 comentarios:
ola! Son o Admin de www.noalla.com Como ves, Noalla tamen existe, polo menos na rede!
Gracias polo comentario, facemolo o mellor que podemos.
1 saudo Noalles!
SEGUIDE ASÍ... SIN ABANDOAR, EH¿!
Publicar un comentario