21/1/09

AUTOVIA A VILALONGA

(WWW.FARODEVIGO.ES)
Parece que por fin se da por resolta a cuestión do polígono empresarial de Nantes, e por tanto, nun futuro teremos a unión da autovía co resto da comarca, pasándoa por Altamira e Xuncabranca en Vilalonga. O enlace custará uns 3,5 millons, que pagará Política Territorial, o Concello de Sanxenxo e a Xunta de Compensación do ultramencionado polígono.
O lío viña do mes de novembro do 2007, cando a Xunta fixo saber que non ían pagar o enlace, e a nosa alcaldesa foi paralizar as obras da Vía do Salnés, Policía Local de por medio, tomando datos de obreiros e parando máquinas. Estaba disposta a que non se movera nin unha pedra dentro dos 23.000 m2 que o propio Concello lle aportara á Xunta para transformar a Vía en Autovía.
Agora imos ver... canto tempo pasa ata que os de Vilalonga poidamos disfrutar tal enlace...

1 comentario:

Anónimo dijo...

Según a prensa, dende hoxe mesmo.