26/8/10

CHEOS DE ORGHULLO

A Voz de Galicia acaba de adicarlle un fermoso artículo ó noso equipo local de fútbol, chamándolle milagreiro. E non é para menos. Somos arredor de 3000 veciños, e sabido é que non aportamos todos capital.  No seu día sacudímonos coa ilusión de ascender, e ata alguén fixo correr o rumor de que se non ascenderon foi porque non quixeron, supostamente, porque non se vían capaces de afrontar monetariamente o que o futuro sería, de ascender.
Recentemente se dixo que había alguns problemas nas arcas, a xente acudiu á comilata do pulpo Paul, para recadar fondos, e coa axuda do mecenas local, saen novamente á palestra, dispostos á permanencia en Terceira (que eu dou por feita). A maior ilusión de todos e velos ascender (eu xa me vexo coa bandeira e afónica como cando gañamos o  mundial).
E un clube humilde pero Gabriel Leis está a manter o bo nivel de todo o equipo. Volveu Avendaño, e  segue aquí Saúl, como se puxo en dúbida no seu día http://ondequedavilalonga.blogspot.com/2008/12/de-futbol-en-vilalonga.html  .
Sexa como sexa, mantéñense, fan un xogo precioso ás mais das veces, e nomeaselles na prensa como un dos mellores equipos da Terceira.
E así estamos: cheos de orghullo.

23/8/10

ULTIMA HORA, SOBRE TENDERETES.

Dime a vendedora dun post anterior, que efectivamente, non se lle paga ó Concello, tamén di que se lle paga á Comisión de Festas, e tamén di que o Concello consinte que os Condes actúen como unha especie de mafia que "copa" todo. Tamén me dí que a vendedora dun dos postos do paseo de Portonovo,  é familiar dos Condes, e que se rumorea que ela non pagou a mesma tarifa que os demáis. ¿Será posible esto?.
O que sí me din que se lle paga ao Concello, son os kioskos da praia, un deles, dame a cantidade de 6700 €. Eu voto a temblar. Espero que fora un verán moi lucrativo, porque despois deso, a mercancía, os empregados (varios), a luz, e os impostos... non sei cando lles pode quedar de beneficio.

22/8/10

UNHA HOMENAXE MERECIDA

Todos os anos, o Concello concede a "Cebola de Ouro" a alguén local e outra para alguén foráneo. A persoa  local que este ano recibirá a "Cebola de Ouro", será D. José Manuel Hermida (natural de Tui), o antigo mestre co Colexio O Cruceiro, onde destacou, durante 26 anos polo seu valor como ser humano, e a súa valía como mestre, sempre apoiando e preocupado polo futuro dos seus alumnos, ás veces indo maís aló do que a profesión lle esixía. Tamén un apaixoado da papiroflexia, o seu maxín non tiña límites. Acostumaba ir ver un veciño da Costiña que é gran afeccionado ós paxaros de canto, e soía decirlle que pinta tiñan, ou que enfermidade podían ter.
Chegou buscando onde disfrutar do seu gusto por as aves e as niñadas (doou a colección ó colexio), sen faltar ó gusto da súa muller polo mar, e xa non se foi ata que unha cruel enfermidade nolo levou. Unha pena fonda que non lle deran ese premio cando podía tomalo entre as mans...
Estea onde estea, unha aperta.

NA IMAXE, D.JOSÉ M.HERMIDA, CON CAMISA BRANCA, EN TUI.

20/8/10

¡ VAIA TARIFA SE GASTA O CONCELLO !

En xunio, falando con uns amigos, comentamos que ó mercadillo de Vilalonga, quedábanlle catro días. Cada vez veñen menos postos, e vese máis desanxelado, máis cutre, para falar con claridade, e cada ai menos ganas de ir, como non sexa a coller froita. O dono de un dos postos, a quen coñezo por outras circunstancias, xa me dixo fai un par de semanas  que non tiña pensado vir máis. Que lle cobran 10€ cada martes, e que ese mercadiño non os vale, que non lle compensa. Eu quedeime algo fría porque me parece moito, así de entrada. O mercadillo acaba de empezar, é pequeno, e dende logo non é o centro de Sanxenxo, cobrarlles demasiado non é a maneira de sacalo adiante e facelo próspero. Ben puderon cobrar menos, e cando o mercadillo estivera máis consolidado, cobrar máis, que para eso os precios os poñen como e cando queren.
Pero cando de verdade quedei de pedra, foi onte, cando unha coñecida que vende nos postos da rúa en Portonovo, me di que tivo que "arrear" por poñelo... ¡¡ 4000 €!!. E eu pensei "+empleada, +mercancía". Para cantar o Arrechucho coas mans atadas... porque, haber, ou moito, moito, moito se vende neses chiringos (e a crise non é tal), ou eu non me explico. ¿¿CA-TRO MIL EU-ROS??. ¿E de verdade lle queda unha cantidade decente, limpa?. Eu xa fun 3 veces, eu non vexo que a xente se arremuiñe nos postos para comprar, de feito, paranse máis a comprar no de pastéis e no das filloas e no das patatas fritas  (a papatoria sempre vende), que en calquera outro. Concretamente, ai un de recordos de Galicia, que eu penso que non vende nada de nada.
E logo queixábanse os das tendas que é competencia desleal. Pois, non sei que vos diga, por ahí andarán á par. Claro que no verán e cando se vende máis, pero, de todos xeitos, moito do que ai nos postos, non o ai nas tendas de todo o ano e barato non lles sae o condenado posto...
 ¡ Catro mil euros !

19/8/10

UNHA VECIÑA CONTAME ...

Conta unha veciña, dende a memoria dos seus 90 anos, que alá polo ano 1955, cando os seus fillos empezaban a ir a escola (e casi nunca ían), existían certos oficios que aquí non se practicaban, como os meleiros, os afiadores, cesteiros e cañeiros. Viñan de Ourense, pasaban por a zona, paraban uns días, e logo íanse. Cando viñan, eran acollidos na súa casa, como se podía, dependendo do espazo. Lembra especialmente un meleiro que seu pai lle daba sempre permiso para durmir no piorno, e que soía pagar en parte con mel, que se usaba para alimentar os nenos, mezclándoa cos restos que quedaban de moer fariña de millo, é dicir, con esa fariña máis finiña, finiña, que só se podía aproveitar barréndoa. A súa casa era por aquel entón unha especie de hospedaxe. Di tamén que ás máis das veces o caldo con que se lles daba o xantar ou cea, non éra máis que auga con boliñas de fariña milla e ás veces, nin iso, só a fariña milla remexida na auga (debía ser algo así como unhas papas moi líquidas), e si estaba o meleiro por eses días, con algo de mel que él cedía para todos. Sen embargo dí que para aquel estón, fariña e mel non estaba mal de todo. Outras veces había touciño, ou peixe.
Conta o difícil que era todo...
Conta que cando unha casaba, ata pasado un mes do casamento, non se podía consumar...
¡ Canto cambiou esta parte da terra en 60 anos !

17/8/10

EN 1940

O dia 26 de Febreiro do 1940 afundeuse no lugar de Punta do Congro en Sanxenxo, un veleiro no cal iban 30 persoas de Vilalonga, na sua maioría mulleres e nenos, perecendo no desastre 23 personas. . .
Foi nunha das casas onde se instalaron as capelas ardentes para velar ás victimas que quixo o destino que se afundira o piso da vivenda caíndo en unión dos cadaveres, á parte baixa da habitación, resultando feridas catro das personas que estaban ali. . .

(Naufraxios nas Rias Baixas Lino J. Pazos)


CORTESÍA DE FERNANDO-NOVAPONTE

15/8/10

HISTORIA DAS TELLEIRAS II

A pleno sol do verán, unha chea de mulleres ía gabeando como podía as escaleiras furadas nas paredes, levando os "ladrillos" de barro en tinas, na cabeza, e protexendo esta soamende cun rollo de roupa.
Un xornalista do diario de Vigo "Galicia", tivo a ben dar un paseo pola fábrica de Guisasola na primaveira de 1924, disposto a facer un artigo sobre aquel traballo malpagado, que tal era a sona. Velaquí o que escribeu:
"Alí vívese pouco menos que fóra do mundo. Para aqueles obreiros, especialmente para aquelas obreiras que traballan 12 ou 14 horas diarias por un xornal mesquiño, non existe lexislación moderna verbo da xornada, nin existe "Instituto de Reformas Sociales"....Operarios hai que traballan de sol a sol, semella que por necesidades de man de obra, pero sen que o pago de horas extraordinarias estexa en proporción coa tarefa realizada.....Ninguén se ten preocupado daqueles coitados, daquelas pobres mulleres que alí traballan e que para render a súa xornada teñen, moitas delas, que facer unha longa camiñada e que ao cabo da semana cobran arredor de dúas pesetas de xornal sen mantenza, logo de teren realizado unha faena dura, constante e traballosa, pola mesma esixencia das angueiras e pola desconsideración con que se lles trata"
Acababa dicindo o xornalista que había xa un tempo que visitara a Cerámica de Guisasola o que era deputado socialista, Teodomiro Menéndez, pero que se cadra estivera máis atento ó que lle puxeran na mesa daquel patrón considerado na zona pouco menos que un señor feudal que á ruín condición dos traballadores e traballadoras da súa
empresa e das súas barreiras.
 
 
 
AS BARREIRAS TEÑEN NOME DE MULLER - Dionisio Pereira

13/8/10

PARTE DA HISTORIA

Cando saía de Vilalonga un dos barcos de vapor, o  "Candal" cun cargamento de arxila para Bilbao, tocou nun dos baixíos cercanos ó balneario da Toxa e quedou varado.
EL HERALDO GALLEGO
 25-Dic. 1927

Haber si localizades as liñas