15/8/10

HISTORIA DAS TELLEIRAS II

A pleno sol do verán, unha chea de mulleres ía gabeando como podía as escaleiras furadas nas paredes, levando os "ladrillos" de barro en tinas, na cabeza, e protexendo esta soamende cun rollo de roupa.
Un xornalista do diario de Vigo "Galicia", tivo a ben dar un paseo pola fábrica de Guisasola na primaveira de 1924, disposto a facer un artigo sobre aquel traballo malpagado, que tal era a sona. Velaquí o que escribeu:
"Alí vívese pouco menos que fóra do mundo. Para aqueles obreiros, especialmente para aquelas obreiras que traballan 12 ou 14 horas diarias por un xornal mesquiño, non existe lexislación moderna verbo da xornada, nin existe "Instituto de Reformas Sociales"....Operarios hai que traballan de sol a sol, semella que por necesidades de man de obra, pero sen que o pago de horas extraordinarias estexa en proporción coa tarefa realizada.....Ninguén se ten preocupado daqueles coitados, daquelas pobres mulleres que alí traballan e que para render a súa xornada teñen, moitas delas, que facer unha longa camiñada e que ao cabo da semana cobran arredor de dúas pesetas de xornal sen mantenza, logo de teren realizado unha faena dura, constante e traballosa, pola mesma esixencia das angueiras e pola desconsideración con que se lles trata"
Acababa dicindo o xornalista que había xa un tempo que visitara a Cerámica de Guisasola o que era deputado socialista, Teodomiro Menéndez, pero que se cadra estivera máis atento ó que lle puxeran na mesa daquel patrón considerado na zona pouco menos que un señor feudal que á ruín condición dos traballadores e traballadoras da súa
empresa e das súas barreiras.
 
 
 
AS BARREIRAS TEÑEN NOME DE MULLER - Dionisio Pereira

2 comentarios:

Maxa dijo...

hola pequecha!
Non me olvidei de vós. Todo vai ben, o único que non vai ben e a miña inspiración e por suposto a falta de tempo. cando teño algo de tempo ando por ahí cos "miniños" (os cans).
¿E o pequeno/a? Dá moito a tabarra?
Unha aperta.
Maxa

Vilagonde dijo...

ALABADO SEA !!, ¿onde andabas, nena?.
Eu disfruto deste terremoto todo canto podo. Bicos.