22/8/10

UNHA HOMENAXE MERECIDA

Todos os anos, o Concello concede a "Cebola de Ouro" a alguén local e outra para alguén foráneo. A persoa  local que este ano recibirá a "Cebola de Ouro", será D. José Manuel Hermida (natural de Tui), o antigo mestre co Colexio O Cruceiro, onde destacou, durante 26 anos polo seu valor como ser humano, e a súa valía como mestre, sempre apoiando e preocupado polo futuro dos seus alumnos, ás veces indo maís aló do que a profesión lle esixía. Tamén un apaixoado da papiroflexia, o seu maxín non tiña límites. Acostumaba ir ver un veciño da Costiña que é gran afeccionado ós paxaros de canto, e soía decirlle que pinta tiñan, ou que enfermidade podían ter.
Chegou buscando onde disfrutar do seu gusto por as aves e as niñadas (doou a colección ó colexio), sen faltar ó gusto da súa muller polo mar, e xa non se foi ata que unha cruel enfermidade nolo levou. Unha pena fonda que non lle deran ese premio cando podía tomalo entre as mans...
Estea onde estea, unha aperta.

NA IMAXE, D.JOSÉ M.HERMIDA, CON CAMISA BRANCA, EN TUI.

4 comentarios:

Sandra dijo...

TOTALMENTE DACORDO CONTIGO. QUE VEN VIÑA ESTE PREMIO O ANO PASADO!!!!!

Anónimo dijo...

Estou completamente dacordo con vos. Este galardon puido darselle o ano pasado, que xa andaba enfermiño pero ainda tivo arroxos para organizar a exposiciòn de papiroflexia. Non coñezo unha persoa que fale mal del. Agora sabemos que hai in anxo mais no ceo que mira por nos.

Amelia Muñiz Blanco dijo...

decir que es una pena queda pequeño pero al final lo importante es que su familia vea lo mucho que se le admiraba y queria

LED ZEPPELIN dijo...

Unha das mellores persoas que pasaron pola nosa aldea e sen dúbidas quedará no recordo de todos nos.